Saltar ao contido

Hércules (Michelangelo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debuxo de Rubens inspirado na escultura de Michelangelo do Hércules.

O Hércules foi unha escultura en mármore do ano 1492 realizada por Michelangelo en Florencia e que na actualidade se atopa desaparecida.

O 1492, á morte de Lourenzo o Magnífico e por iniciativa propia, realizou unha escultura dun Hércules de mármore na casa paterna, escollendo o tema por ser Hércules, dende o século XIII un dos patróns de Florencia. A estatua foi comprada polos Strozzi, que a venderon a Giovan Battista Palla, ao que lla adquiriu o rei de Francia Henrique II e se colocou nun xardín de Fontainebleau, onde Rubens realizou un debuxo desta escultura, que se conserva no Museo do Louvre en París. En 1713 desapareceu. Só queda o mencionado debuxo e un bosquexo gardado na casa Buonarroti.

Esta obra realizouse nunha escala xigantesca e polo debuxo de Rubens apréciase que se representou como un heroe novo coa cabeza xirada cara a un lado, a clava apoiada no chan formando unha diagonal, mentres a figura semella que está en repouso, o conxunto aparece como unha estatua antiga, non obstante as dobras da vestimenta están inspiradas no San Xurxo de Donatello. Polos escritos de Ascanio Condivi sábese a medida que era de "Bracia quatro", é dicir, 2,40 metros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Tolnay, Charles de (1978). Miguel Ángel:Personalidad Histórica y Artística de Miguel Ángel. Barcelona, Editorial Teide. ISBN 84-307-8163-3.