Saltar ao contido

Lorenzo Ghiberti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLorenzo Ghiberti
Biografía
Nacemento1378
Florencia (Italia)
Morte1 de diciembro de 1455
Florencia (Italia)
Lugar de sepulturaBasílica da Santa Cruz Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeItalia Italia
Actividade
Campo de traballoOurivaría e escultura Editar o valor en Wikidata
OcupaciónEscultura, ourivaría, arquitectura
Xénero artísticoEscultura Editar o valor en Wikidata
MovementoPrimeiro Renacemento Editar o valor en Wikidata
ProfesoresBartolo di Michele Editar o valor en Wikidata
AlumnosDonatello e Michelozzo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaGhiberti family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosVittorio Ghiberti Editar o valor en Wikidata
ParentesBuonaccorso Ghiberti, sobriño Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteTeutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste, (sec:Lorenzo Ghiberti, 192)
Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, (sec:V3.7, Lorenzo Ghiberti pittore)
Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 130329 BNE: XX1283871 Find a Grave: 19913 Editar o valor en Wikidata

Lorenzo Ghiberti, nado en Florencia no 1378 e finado na mesma cidade o 1 de decembro de 1455, foi un escultor, ourive, arquitecto e escritor de arte italiano do Quattrocento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa actividade artística como ourive. Con todo, non gañou fama até 1401, cando participou no concurso para decorar as segundas portas do baptisterio da catedral de Florencia, resultando gañador, ó renunciar ó premio ex aequo (con igual mérito) Brunelleschi, o outro finalista.

O seu triunfo no concurso resultou decisivo para a súa vida, posto que a magnitude da tarefa requiriu a creación dun taller de gran tamaño, que se convertería no principal da cidade durante medio século. Nel formáronse figuras destacadas do Renacemento, como Donatello, Michelozzo, Uccello, Masolino e Filarete.

O traballo nestas portas (Porta do Paraíso) durou máis de vinte anos (de 1403 a 1424), e incluíronse vinte episodios da vida de Cristo e oito tallas de santos, dun estilo minucioso, próximo ó gótico.

Porta do Paraíso. Baptisterio da Catedral de Florencia.

A súa obra tivo tanto éxito que posteriormente o gremio de comerciantes de Florencia encomendoulle o encargo de executar para o mesmo baptisterio unha terceira dobre porta, que acabou en 1452. Está decorada con dez baixorelevos de bronce dourado que representan escenas do Antigo Testamento, nun estilo totalmente diferente ó anterior, no que se aplican consecuentemente as regras da perspectiva renacentista. Miguel Anxo bautizou esta porta como «Porta do Paraíso», nome co que se segue coñecendo actualmente.

Resultou tamén finalista xunto a Brunelleschi no concurso para a construción da cúpula da catedral (Santa María das Flores), pero esta vez o traballo foille encargado a Brunelleschi.

Ghiberti esculpiu tamén algunhas estatuas de bronce para a igrexa florentina de Orsanmichele. Nos seus últimos anos escribiu os tres tomos de «I Commentarii» ( Os Comentarios), no que se incluían valiosas referencias a pintores e escultores italianos, así como unha autobiografía, que é a primeira que se conserva dun artista.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]