Cupido dormente (Michelangelo)
Cupido dormente | |
---|---|
Tipo | escultura perdida ![]() |
Epónimo | Cupido ![]() |
Movemento | Renacemento italiano ![]() |
Material | mármore ![]() |
Autoría | |
Creador/a | Michelangelo ![]() |
Temática | |
Datas | |
Data de creación | 1496 ![]() |
[ Wikidata ] |
O Cupido dormente é unha obra desaparecida, realizada en mármore por Michelangelo de tamaño natural no ano 1496.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Despois dunha breve estada en Boloña, Michelangelo regresou a Florencia, onde esculpiu o Cupido, ao vela, unha vez rematada, Lourenzo di Pierfrancesco de Medici (1463-1503) díxolle ao escultor: «Quizais se a enterrases e a tratases para darlle o aspecto dunha obra antiga, enviaríaa a Roma, onde estou seguro de que crerían que é unha antigüidade e a venderías moito mellor». Certo era que as obras antigas se vendían moito mellor que as de realización nova. A escultura foi vendida como achado arqueolóxico ao cardeal Riario, sobriño do papa Sisto IV, quen pagou douscentos ducados de ouro, pero o marchante que se encargou da operación entregoulle a Michelangelo só trinta ducados. Comprado máis adiante, por César Borgia en 1502, rematou finalmente regalado a Sabela d'Este (1474-1539). Está documentado nun inventario en Mantua de 1542, perdéndose todo rastro del cando foi enviado a Carlos I de Inglaterra en 1632.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baldini, Umberto (1978). Miguel Ángel: La Escultura. Editorial Teide. ISBN 84-307-8163-3.