Cabeza de fauno (Michelangelo)
Aparencia
A Cabeza de fauno é unha escultura desaparecida de Michelangelo, crese que foi copiada doutra antiga e executada durante a súa aprendizaxe no Pazo Medici Riccardi de Lourenzo o Magnífico en Florencia, entre 1489 e 1492.
Na Casa Buonarroti atópase dende 1989, unha escultura de Cesare Zocchi que está sen datar, pero pénsase que a realizou a finais do século XIX, na que representa a Michelangelo moi pequeno esculpindo a cabeza de fauno, unha escultura que se gardaba na Galería Uffizi e que se pensaba que podería ser a de Buonarroti, desapareceu durante a segunda guerra mundial nun traslado realizado polas tropas alemás.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hodson, Rupert (2000). Miguel Ángel, escultor. Florencia, Gruppo Editoriale Faenza Editrice. ISBN 88-8138-044-7.