Mosteiro de Montserrat
| Mosteiro de Montserrat | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Monistrol de Montserrat | |||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||||
|
Diocese
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||
O mosteiro de Santa María de Montserrat é un mosteiro beneditino situado en Cataluña. Atópase na montaña de Montserrat, pertencente á comarca do Bages, provincia de Barcelona, a unha altura de 720 metros sobre o nivel do mar. Administrativamente pertence ao municipio de Monistrol de Montserrat, aínda que algúns dos seus terreos próximos entran no termo de Collbató.
Coa súa imaxe da Virxe de Montserrat, é un símbolo para Cataluña e converteuse nun punto de peregrinación para crentes e de visita obrigada para os turistas.
Dentro das diferentes accións que se desenvolven en Montserrat destaca a escolanía, que é un dos coros de nenos cantores máis antigos de Europa.
O santuario de Montserrat, xunto cos santuarios de Torreciudad, El Pilar e Lurdes conforman a Ruta mariana, itinerario guiado pola espiritualidade e devoción mariana, posuidor dunha gran riqueza patrimonial, gastronómica e natural.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista desde a roca Sant Jaume
-
Claustro da Santa Cova
-
Fachada principal da basílica
-
Interior da basílica
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mosteiro de Montserrat |
