Saltar ao contido

Cupido-Apolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debuxo de Michelangelo, pode ser un estudo da escultura perdida.

O Cupido-Apolo, é unha escultura en mármore realizada entre 1496 e 1498, polo escultor italiano Michelangelo.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Esta obra foi executada durante a primeira estada de Michelangelo en Roma e ao mesmo tempo que estaba a realizar a escultura de Baco. O encargo realizoullo o banqueiro romano Jacopo Galli, que quería un Cupido de tamaño natural en pé con aspecto de antigüidade e cun floreiro aos seus pés, a obra desapareceu. Nunha carta de Michelangelo dirixida ao seu pai con data 19 de agosto de 1497, descríbeo así: «un Apolo de corpo enteiro, nu, coa alxaba e as frechas a un lado: e ten un vaso aos pés».

Jacopo Galli tívoo no seu xardín até 1572 que pasou xunta Baco á colección dos Medici, sendo a última nova que se ten sobre esta escultura.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Baldini, Umberto (1978). Miguel Ángel: La Escultura. Editorial Teide. ISBN 84-307-8163-3. 
  • Hodson, Rupert (2000). Miguel Ángel, escultor. Florencia, Gruppo Editoriale Faenza Editrice. ISBN 88-8138-044-7.