Saltar ao contido

Bóveda da Capela Sistina

Bóveda da Capela Sistina
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Material / ingrediente
 Método de fabricación
 Xénero artístico
 Movemento
 Colección
Implicados
 Creador/a
Datas
 Fundación / creación
1508 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
 Período
Cifras e dimensións
 Altura
   4.093 cm Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   1.341 cm Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/036tbc Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons

A bóveda da capela Sistina (en italiano: Soffitto della Cappella Sistina) é coñecida pola decoración pictórica que o papa Xulio II lle encargou a Michelangelo no ano 1508.[1] Debía substituír a pintura que xa había na parte da bóveda da capela Sistina, na Cidade do Vaticano, que consistía nun fondo azul con estrelas douradas, obra realizada por Piero Matteo d'Amelia, que seguía a tradición dos templos paleocristiáns.[2]

Na bóveda de canón rebaixada, o artista deseñou unha complexa arquitectura, onde incluíu o desenvolvemento das historias da Xénese narradas dende o cabo do altar até a porta de entrada da capela, nunha superficie de máis de cincocentos metros cadrados. Michelangelo traballou nela dende 1508 até o outono de 1512, e fíxoo el só, sen axudantes. O 1 de novembro de 1512, coa bóveda rematada, celebrouse a primeira misa.[3]

  1. O contrato asinouse o 10 de maio de 1508. Ver: Ludwig Goldscheider, Michelangelo, 1964, Phaidon.
  2. A. González Prieto, A. Tello (2008) páx. 16
  3. A. Forlani (1964) páx. 3

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Forlani, Ana (1964). Pinacoteca de los Genios: Miguel Ángel (en castelán). Buenos Aires: Editorial Codex. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]