Cristóbal Márquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cristóbal
Información persoal
Nome Cristóbal Márquez Crespo
Nacemento 21 de abril de 1984
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,80 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Fuenlabrada
Número 8
Carreira xuvenil
Leganés
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2008 Levante B 39 (6)
2006 Conquense 13 (0)
2006–2007 San Sebastián de los Reyes 30 (1)
2008–2010 Villarreal B 81 (14)
2010–2011 Villarreal 2 (0)
2011 Elche 12 (2)
2011–2013 Karpaty Lviv 7 (1)
2012 Elche 8 (2)
2013–2014 Auckland City 3 (2)
2014–2015 Olympiacos Volos 15 (1)
2015 Mitra Kukar 1 (0)
2015–2016 Toledo 30 (5)
2016– Fuenlabrada 265 (14)
Na rede
FIFA: 375641 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 1 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Cristóbal Márquez Crespo, coñecido simplemente como Cristóbal, nado en Madrid o 21 de abril de 1984, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Fuenlabrada, da Primeira División RFEF

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Formado na canteira do Leganés, militou no Levante B, o Conquense e o San Sebastián de los Reyes, antes de recalar en 2008 no Villarreal B.[1] Na súa primeira campaña no filial amarelo contribuíu con 8 goles ao ascenso do equipo á Segunda División, incluído un nas semifinais da promoción ante o Lorca Deportiva.[2]

O 26 de agosto de 2010 debutou co primeiro equipo do Villarreal no partido de volta da fase previa da UEFA Europa League ante o Dnepr Mogilev de Belarús.[3] Foi titular na súa estrea, pero non chegou a rematar o partido, pois acabou expulsado. En xaneiro de 2011 disputou o seu primeiro encontro na Primeira División, substituíndo a Borja Valero nos minutos finais da vitoria por 4-2 sobre Osasuna.[4]

En marzo de 2011 saíu cedido ao Elche ata o final da campaña, para cubrir as lesións de David Generelo e Miguel Linares.[5] Marcou dous goles, ante o Celta de Vigo e o Granada,[6][7] e disputou a promoción de ascenso a Primeira, caendo na final ante o propio Granada.

No verán de 2011 saíu por primeira vez a un equipo estranxeiro, asinando como novo futbolista do FC Karpaty Lviv, da Premier Liha de Ucraína, onde coincidiu co tamén madrileño Borja Gómez e co galego Lucas Pérez. Disputou un total de 12 partidos, marcando un gol ante o Metalist Kharkiv. En xaneiro o club ucraíno cedeuno de novo ao Elche.[8]

En xullo de 2013 demandou ao Karpaty por salarios atrasados, gañando a demanda e obtendo a carta de liberdade. A continuación cambiou de continente e fichou polo Auckland City de Nova Zelandia, club que adestrado polo catalán Ramon Tribulietx viña de gañar as tres últimas edicións da Liga de Campións da OFC. Co club oceánico disputou o Mundial de Clubs da FIFA, sendo titular no encontro ante o Raja Casablanca no que o seu equipo caeu eliminado.[9] Disputou só tres partidos do Campionato neozelandés, marcando dous goles no empate 4-4 co Hawke's Bay United.[10]

Posteriormente pasou polo Olympiacos Volos de Grecia e o Mitra Kukar de Indonesia, antes de regresar a España fichando polo Toledo, de Segunda B.[11] Disputou a promoción de ascenso, caendo ante o Hércules, e a continuación fichou polo Anorthosis Famagusta de Chipre.[12]

Con todo, estivo só unhas poucas semanas na illa mediterránea e en agosto volveu ao fútbol español, asinando co Fuenlabrada, de Segunda B.[13] Foi titular na maioría de partidos durante os seguintes anos, logrando o ascenso a Segunda División na tempada 2018/19. Militou tres campañas na categoría de prata, ata que o equipo descendeu ao remate da 2020/21.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cristóbal Márquez, se convierte en nuevo jugador del Club Deportivo Toledo" (en castelán). 4 de agosto de 2015. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  2. "2008-09 El filial asciende a Segunda División" (en castelán). 31 de maio de 2009. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  3. "1-2. El Villarreal también gana en Bielorrusia y empieza a pensar en sorteo". La Información (en castelán). 26 de agosto de 2010. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  4. "El Villarreal tira de pegada para seguir invicto en su campo" (en castelán). 15 de xaneiro de 2011. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  5. "Cristobal, del Villarreal, llega cedido al Elche". Marca (en castelán). 31 de marzo de 2011. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  6. "El Celta regala el empate al Elche y alarga su crisis en Balaídos" (en castelán). 21 de maio de 2011. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  7. "Fabián Orellana marcó en empate del Granada CF ante Elch". El Mercurio (en castelán). 29 de maio de 2011. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  8. "Cristóbal Márquez, del Karpaty ucraniano, jugará cedido en el Elche". Marca (en castelán). 28 de xaneiro de 2012. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  9. Burgess, Michael (7 de decembro de 2013). "Soccer: Spaniard inspires Cup side". New Zealand Herald (en inglés). Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  10. "Soccer: Captain Bill Robertson marched in goal-fest". New Zealand Herald (en inglés). 22 de decembro de 2013. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  11. "El Toledo presenta oficialmente a uno de sus últimos refuerzos, Cristóbal Márquez" (en castelán). 5 de agosto de 2015. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  12. "Cristóbal Márquez se marcha del Toledo al Anorthosis Famagusta, de la Primera División chipiotra" (en castelán). 27 de xuño de 2016. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  13. "Nuevo mediocentro para el Fuenla de Visnjic" (en castelán). 31 de agosto de 2016. Consultado o 1 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]