Galena
| Galena | |
|---|---|
Galena | |
| Fórmula química | PbS |
| Clase | Sulfuros |
| Sistema cristalino | Cúbico |
| Cor | Gris chumbo algo máis claro se contén prata |
| Brillo | Metálico |
| Dureza | 2,5-3 |
| Fractura | Concoidea ou irregular |
| Exfoliación | Perfecta, en cubos |
| Raia | Gris escura |
| Densidade | 7,6 g/cm3 |
A galena[1][2] é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é PbS. É insoluble en auga e de brillo metálico.
Aspecto
[editar | editar a fonte]O seu aspecto cando cristaliza é o de cubos metálicos de cor agrisada, aínda que máis imperfectos cos da pirita.
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]A galena atópase en filóns hidrotermais, en pegmatitas e en xacementos sedimentarios sulfurosos. Aparece normalmente asociada á pirita, á calcopirita, á barita e á esfalerita.
Usos da galena
[editar | editar a fonte]Debido á súa alta porcentaxe en chumbo (o 86,6%), a galena utilízase como fonte deste elemento. Algunhas veces a presenza de prata (galena argentífera) neste mineral provocou que se utilizase tamén como fonte da mesma.
Antigamente utilizábase na fabricación de esmaltes cerámicos.
Outros sulfuros
[editar | editar a fonte]Outros minerais nos que a presenza de xofre é destacada son:
A marcasita, a arsenopirita, a pirita, a calcopirita, a pirrotina e o cinabrio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galena.
- ↑ "galena". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018.
