Pirita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pirita
Pirita Maclada.jpg
Macla de pirita cúbica
Fórmula química: FeS2
Clase: Sulfuros
Subclase:
Sistema cristalino: Cúbico
Cor: Amarela latón
Brillo: Metálico
Dureza: 6-6,5
Fractura: Concoidea ou irregular
Exfoliación: Moi imperfecta
Raia: Verde escura
Densidade: 5,02 g/cm3

A pirita (do grego pyros que significa lume) é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é FeS2 (contén un 53,4% de xofre e un 46,6% de ferro).

Aspecto[editar | editar a fonte]

A pirita tamén foi chamada "o ouro dos tontos" pola confusión á que leva o seu parecido con este metal. Atópase frecuentemente maciza, granulada, radiada, estalactítica e globular. Non é raro atopala na súa forma cristalina co seu típico aspecto cúbico (coas caras ás veces estriadas perpendicularmente) ou tamén en octaedros ou piritoedros (poliedros de 12, 16, 18 ou 20 caras) e a miúdo maclada.

Lugares onde se atopa[editar | editar a fonte]

Atópase en xacementos intramagmáticos, en filóns hidrotermais e en xacementos sedimentarios e metamórficos. Asóciase con frecuencia coa esfarelita, co cuarzo, coa calcita, coa galena e coa calcopirita.

Un dos máis importantes xacementos de pirita en España é o de Navajún (A Rioxa) do que se obteñen piritas dunha grandísima perfección estética.

Usos da pirita[editar | editar a fonte]

A pirita utilízase como fonte importante de xofre, para a produción de ácido sulfúrico e sulfato ferroso.

Propiedades[editar | editar a fonte]

É insoluble en auga e magnética por quentamento. O osíxeno e a auga poden atacar á pirita dando comezo desta forma a un proceso chamado limonitización da pirita, formándose como resultado pirita limonitizada (ou simplemente limonita).

Outros sulfuros[editar | editar a fonte]

Outros minerais nos que a presenza de xofre é destacada son:

A marcasita, a arsenopirita, a calcopirita, a pirrotina, a galena e o cinabrio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]