Acibeche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acibeche.

O acibeche[1] é unha variedade de lignito, negra e brillante. É un material moi fráxil polo que a súa extracción sempre foi artesanal e a súa talla difícil ó tentar esculpir figuras moi detalladas, pero pola súa gran beleza, emprégase en xoiería na realización de aneis, colares xunto con madeiras nobres e pedras preciosas e está considerado como o talismán do peregrino durante o Camiño de Santiago, ademais empregábase contra o mal de ollo. Tamén se utiliza para o bordado de pezas de gala no traxe tradicional galego.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acibeche.