Cor Dam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cor Dam
Pablo Picasso
Cor Dam en 2013
Nome completoCornelis Dam
Nacemento26 de abril de 1935
 Coat of arms of Delft.svg Delft
Flag Zuid-Holland.svg Holanda Meridional
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
ÁreaIlustración, pintura, escultura e cerámica.
EducaciónKoninklijke Academie van Beeldende Kunsten
("Real Academia das Belas Artes"), A Haia.
MovementoArte abstracta.
ObrasMosaico multicolor en relevo sobre Anne Frank en Gouda (1965).
Páxina webhttp://www.cordam.eu
SinaturaWoerden Cor Dam Kalsbeek.JPG
editar datos en Wikidata ]

Cornelis (Cor) Dam, nado na cidade surholandesa de Delft o 26 de abril de 1935, é un artista holandés que ao longo da súa carreira cultivou a escultura, a pintura, ilustración e a cerámica.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dam estudou na a presa estudada na Koninklijke Academie van Beeldende Kunsten ("Real Academia das Belas Artes") da Haia e, logo da súa graduación, entre 1950 e 1965, traballou como deseñador na fábrica De Koninklijke Porceleyne Fles, máis coñecida como Royal Delft, que se dedica á fabricación de obxectos da popular louza de Delft. Desde 1965 a 1980 exerceu o seu labor profesional en Ateliers Ceramic Structure 68 bv, tamén na Haia. Desde 1988 imparte clases na Universidade de Tecnoloxía de Delft.[3][4][5]

Os seus traballos escultóricos poden atoparse nos espazos públicos de moi diversas cidades holandesas. Entre eles é moi destacable o mosaico en relevo de cores brillantes que representa a Anne Frank, con candeas, escribindo o seu diario no seu faiado, que deseñou para a Frankschool, na cidade de Gouda.[6]

Obras salientables[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolla das obras máis representativas de Dam en exteriores:[7]

  • Mosaico sen título, no colexio Anne Frankschool, en Gouda (1965).
  • "Muller con neno" (Vrouw met kind), en Jan van Goyenstraat, Rozenburg (1965).
  • Traballo cerámico, en Jozef Israelslaan, Woerden (1967)
  • "Mulleres" (Vrouwen), no centro comercial Keizerslanden, en Deventer (1968).
  • "Shalom" (Sjaloom), traballo cerámico para o colexio Sjaloomschool de Delft (1969), que desde 1984 se exhibe na igrexa de San Adalberte (Sint-Adelbertkerk) desa cidade.
  • Mosaico de ladrillo, en Ellemare, Rotterdam (1970).
  • Obxecto cerámico, en Industrie Straat, Delft (1983).
  • Catro obxectos, en Nieuwe Plantage, Delft (1983).
  • Obxectos múltiples, en Bergselaan, Rotterdam (1988).
  • Non titulado, en Huniadijk, Rotterdam (1988).
  • Non titulado, en Cymbelkruid, Rotterdam (1988).
  • "Paxaros voadores" (Opvliegende vogels), en Julianalaan, Schagen (1996-1998).

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cor dam". En Rdk.nl (en neerlandés)
  2. "Cor Dam" en Documentatie van Beeldende Kunst in Zuid-Holland ("Documentación sobre Artes Visuais na Holanda Meridional") (en neerlandés)
  3. "Over Cor Dam Arquivado 20 de marzo de 2018 en Wayback Machine.". No sitio web oficial do artista (en neerlandés)
  4. "Cor Dam: docent beeldend". En Vak-delft.nl (en neerlandés)
  5. "Biografie Arquivado 20 de marzo de 2018 en Wayback Machine.". No sitio web oficial do artista (en neerlandés)
  6. "Cor Dam Relief Mural +". En MidCenturia.com (en inglés)
  7. "Fotogalerij werken in opdracht Arquivado 04 de marzo de 2017 en Wayback Machine.". No sitio web oficial do artista (en neerlandés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]