Esclerótica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esclerótica
A ESCLERÓTICA ENTRE AS PARTES DO OLLO: 1: cámara posterior, 2: ora serrata, 3: músculo ciliar, 4: ligamento suspensorio da lente, 5: canle de Schlemm, 6: pupila, 7: cámara anterior, 8: córnea, 9: iris, 10: córtex do cristalino, 11: núcleo do cristalino, 12: corpo ciliar, 13: conxuntiva, 14: músculo oblicuo inferior, 15: músculo recto inferior, 16: músculo recto medial, 17: arterias e veas retinianas, 18: papila (punto cego), 19: duramadre, 20: arteria central retiniana, 21: vea central retiniana, 22: nervio óptico, 23: vea vorticosa, 24: conjuntiva bulbar, 25: mácula, 26: fóvea, 27: ESCLERÓTICA, 28: coroide, 29: músculo recto superior, 30: retina.
Latín Sclera
Sistema Sistema nervioso
Arteria Arterias ciliares anteriores. Arterias ciliares posteriores curtas e longas
MeSH Sclera

A esclerótica, Tamén coñecida como esclera e branco do ollo, é unha membrana externa do ollo, de cor branca, opaca, dura, grosa e rica en fibras de coláxeno, que cobre nas cinco sextas partes o globo, deixando unha abertura na zona posterior para o paso do nervio óptico e outra maior, na parte anterior, pechada pola córnea e denominada limbo esclerocorneal, a través da que penetra a luz.[1]

A esclerótica cobre a coroide e á súa vez está cuberta pola conxuntiva ocular onxuntiva ocular na súa parte anterior. Está formada por tres capas:[2]

  • Fusca: é a capa máis interna e contén abundantes vasos.
  • Fibrosa: está composta fundamentalmente por fibras de coláxeno.
  • Epiesclera: é unha membrana que facilita o esvaramento do globo ocular coas estruturas veciñas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ver a entrada "esclerótica". No Dicionario de Termos Médicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. 2002.
  2. Dr. Niño Montero. "Esclera. 1: Revisión anatómica". En Cirugía. IV: Oftalmología. Universidad Nacional Mayor de San Marcos. Lima, 2000. [ISBN 9972-46-114-9]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]