Conversa usuario:Lansbricae/arquivo4/Arquivo 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

![editar a fonte]

Grazas, comprobarei o asunto!


Está?[editar a fonte]

Podes dicirme se xa fixen ben o que me pediste?, Grazas :)


Castros e outras cousiñas[editar a fonte]

Ola Lansbricae ! Alégrome da túa mensaxe ! Claro que se que estamos para colaborar. Non teñas ningunha dúbida nisto. Se comprendes un pouco o francès podes ver aqui as miñas metas fr:utilisateur:Elvire. E para axustarnos no que se refire a Prevert e aos demas, o que me pareceu mal non é de criticar, pero o xeito de presentar as cousas. Se tiven valor para porme na Galipedia foi coa axuda de Prevert en primeiro lugar, claro e algúns mais como Xelo2004, Albert Galiza etc. Porque non me parece posible traballar soa e quedarei sempre agradecida a Prevert. Aínda hoxe sigo usando todos os días as súas ferramentas. Pero iso non me impide de colaborar contigo.

Para volver ao dos castros, non tes que xustificarche de nada. Sobre todo que eu, non soamente aprecio moito todo o traballo que levas neste tema, ándoo mirando a poucas desde que cheguei eiqui, pero aprecio tamén as fotos que fas, xa que che subin algunhas a Commons para poder polas na wiki francesa. Este verán comprei algun libro, e entre a lectura destes libros e os teus artigos, conto mellorar a wiki francesa. Xa puxen as listas fr:Castros des Asturies, fr:Castros de Ávila, fr:Castros de Cantabrie e fr:Castros de Galice, a miña meta e de millorar na galipedia e na wiki francesa os artigos castros e cultura castrexa, a cultura castrexa e algo que ten que ver cos castros, cos en:Hill fort, cas fortificacios da idade do ferro, maís e algo de peculiar. E isto non se da ben comprendido nos artigos das wikipedias. Xa o se de longa data que isto levarase a cabo colaborando na wiki francesa con fr:utilisateur:Ollamh (gl:user:Ollamh) e aqui contigo. Primeiro teño que comprendelo eu ben, non é facil pór as cousas claras para unha enciclopedia, se un mesmo non as ten sinxelas na súa cabeza.

Asi que xa ves aprecio moito todos os teus traballos sobre os castros de Galicia e conto con iles. Bo non teño moito tempo dispoñible e éme moi duro escribir en galego (grazas que teño un angel que me agarda : Albert Galiza !). Co pouco tempo que teño ando fagendo cousiñas que non me costan ninghuna preparacion e trato de por un pouquiño en frances, un pouquiño en galego. Un sa&udo cordialElvire 18:26, 25 setembro 2007 (UTC)

¿KH?[editar a fonte]

Non entendo que queres dicir co iso do uso do KH. ¿Podes darme un par de exemplos de uso? ¿Trátase de escribir con kh palabras que outros representamos con gheada? Pedro --Lameiro 22:17, 25 setembro 2007 (UTC)

+ e -, - e +[editar a fonte]

  • Hehe! É que caen de caixón. Agardo que sexa así e fagas medrar os verdes (que non a "Os Verdes" ;)). Un saúdo. AlberteSi, digame? 22:48, 25 setembro 2007 (UTC)

Votacións[editar a fonte]

Xa me extrañaba a min que cumprise o requisito das 150. Grazas por avisar. --Gallaecio 06:38, 26 setembro 2007 (UTC)

  • Iso si que non mo esperaba. Pensei que xa levara algo máis de tempo aquí. O que son as cousas. Ben, polo menos teño o das 150. :-) --Gallaecio 06:51, 26 setembro 2007 (UTC)

Taboleiro de burócratas[editar a fonte]

Ola Lansbricae. Non cres que o Taboleiro de burócratas é innecesario? Eu penso que co taboleiro dos administradores chega, quizais renomeándoo como taboleiro dos administradores e burócratas. Veña, un saúdo. AlberteSi, digame? 15:10, 26 setembro 2007 (UTC)

  • Perdoa. quen é ese xelo do que me falas?. Se crees que ando amolando non seu coma no estaría bloqueado. Se me dirixo a dúas persoas nestes derradeiros días será por que os coñezo e son amigos de outras cousas. Do resto non creo que teña sentido poñerme nome de usuario xa que a miña participación aquí é casi nula. Saúdos. --80.38.237.245 15:12, 26 setembro 2007 (UTC)
  • Grazas. Tereino en conta.--80.38.237.245 16:01, 26 setembro 2007 (UTC)

José Luis Comellas[editar a fonte]

Estimado Lansbricae:

No artigo de Manuel Comellas acatei unha por unha as indicacions de Prevert. E o artigo chegou a bo porto.

Iso o fixen debido a que M.Comellas era un autor pouco estudado e fun unha autentica odisea obte-las referenzas e demais.

Neste caso, referenzas e biografias de J.Comellas hai motisimas, non hai mais que buscalo en google e atopará milleiros. Sen ir mais lonxe, o outro dia lle fixeron unha entrevista no ABC, onde retificaban moitas das afirmacions que expongo. En moitas webs poderá encontrar que a súa labor coma historiador é boísima. E se acude a wikipedia en es pode decatarse que moitos dos artigos de historia teñen referenzado a un libro de Comellas.

Non obstante engadin algunha ligazon externa, pero comprenda que a fama de J. Comellas e moitisimo maior que a do seu avo en cuestion de datos y referenzas que pode atopar na rede.

Un cordial saúdo--El refugio de la Cultura 19:50, 26 setembro 2007 (UTC)

linguaxes de progr: concordancias[editar a fonte]

Ola, Lansbricae, pregúntoche a ti pois a Xose xa o teño frito: ¿que debo facer coas votacions "concordo"? (refírome á de linguaxes de progr) ¿x cantos "concordo" hai que "esperar" até executar a proposta? graciñas.--Quatrinauta 22:20, 26 setembro 2007 (UTC)

Sobre o pazo da arca[editar a fonte]

Ola, este verán estiven de vacacións en Chantada e preto de onde estabamos fixeime nesa casona porque parecia moi antiga e estaba ahi aillada.Na parroquia dixeronme que era unha cas moi antiga e nos seus tempos unhas das más ricas e de feito a xente que vivía ali era xente con estudos. Preguntei no concello pero non me respostaron por iso decateime por escribir este artigo sobre o que vin e o que me contaron.

O de poñer de onde se traduce o artigo ou a procedencia[editar a fonte]

Como se pon eso?, é que eu mais que nada intento poñer entradas e xa non me fixo tanto en esas cousas, pero se é necesario haberao que poñer, podes dicirme ben como teño que facer?

Castro de Santa Tegra[editar a fonte]

Lansbricae, o outro día díxenche que tiña algunhas propostas para que ti comprobes e dicidas:

  • Falas de "Murguía na súa obra "Galicia" do ano 1888". Supoño que te refires á "Historia de Galicia" (logo, cambia o título), que se publicou en 5 tomos, desde 1865 a 1911. (FEITO)
  • A seguir, dis que o Murguía deduce "un emparentamento coa raza emparentada cos galos". Moito "emparentamento" xunto. (FEITO)
  • Dis que Merguelina publicou en 1945 un estudo "La citania de Santa Tecla...". ¿Non cres que debería incluírse na Bibliografía? (FEITO) (xa estaba nas notas).
  • Utilizas termos que non entendémo-los que non somos entendidos disto: post-hallstáttica (FEITO enlace) (¿non é cun só T?) (Semella que non polo artigo Celta (cultura)) , talla monofacial (FEITO), nódulos discoidais (FEITO), Choppers (FEITO espozo de artigo e enlace), fusaiolas (FEITO), kalathos ibérico (FEITO imaxe), sítulas de bronce (FEITO), acabada en escocia (FEITO imaxe). Tamén "amarradoiros" (FEITO), que me temo que pouca xente saberá que son. Propoño unhas notiñas ó pé nas que se defina brevemente estes conceptos.
  • Transcribes dúas citas de De la Peña. Se o seu texto é en castelán, como dis na bibliografía, non deberías traduci-la cita. Pero se prefires facelo, corrixe ese "Los castros" do principio da primeira (e un estricto ó que lle sobre o C, e un "có" ó que lle sobra o til).(FEITO e expricado o porque da eleción do galego) ¿O título é Santa Tegra ou Santa Tecla? (Da obra creo que te refires: Santa Tegra.)
  • Falas dun camiño de ronda "pegado á columna que rodea as construcións". ¿o camiño vai pegado a unha columna? ¿que rodea as construcións: o camiño ou a columna? É unha frase confusa. (Correxido)
  • Marcas cun enlace "xambas", pero non limiares (na liña anterior) nin dinteis. ¿por que? (Por non ter criterio uniforme. FEITO Marqueinos todos con enlaces para maior coerencia)* Persoalmente, non me gustan os enlaces nas referencias bibliográficas. (RE: Pódelos quitar se queres, creo que pode quedar mellor visualmente sin eles).
  • Non sei se se pode -pero quedaría moi ben- un enlace á vista do castro en Google Earth. Se non hai conflitos de dereitos, que cada día entendo menos, seguro que ti sabes facelo. (Xa se pode a través do enlace das coordenadas).
  • E máis nada. Xa me contarás. Pedro --Lameiro 20:23, 27 setembro 2007 (UTC)

Imaxes[editar a fonte]

Grazas polas imaxes, xa coñecía algunhas, de feito xa as teño empregadas nalgúns artigos, pero nesta páxina vexo moitas que non coñecía. Estou tentando de facer uns artigos básicos dos grandes grupos de animais xa que na nosa wiki aínda non tiñamos nada, unha vez que esten feitos teño pensado ir un por un tratando de melloralos e completalos. (o deixo por hoxe) Un saúdo --Calrosfking (FÁLAME) 20:47, 29 setembro 2007 (UTC)

Cunqueiro[editar a fonte]

Supoño que o faría porque as tres están reeditadas por Galaxia en 2004 nun único volume: "Mar ao Norde ; Cantiga nova que se chama riveira ; Poemas do sí e non : poesía 1932-1933". Pero fixeches ben: nestas listaxes bibliográficas deben figura-las edicións orixinais. Pedro --Lameiro 13:52, 30 setembro 2007 (UTC)

opinion[editar a fonte]

Saúdos, Lansbricae, vou botar un vistazo e opino (pero non vos queixedes despois :-).--QuatriNauta 20:55, 30 setembro 2007 (UTC)

Tensión[editar a fonte]

si, é tensión mecánica, ia pór o link no artigo e esquecino, grazas por lembrarmo, Até logo! --Emilio juanatey 15:01, 1 outubro 2007 (UTC)

Nomenclator[editar a fonte]

No nomenclator ofical podes procurar os lugares e parroquias de Galiza. --Xosé (✉) 10:33, 2 outubro 2007 (UTC)

Para axudar, esa ligazón está posta no modelo/caixa/caixa-modelo/marcador/ficha de Template:Galicia en progreso --Xosé (✉) 14:49, 2 outubro 2007 (UTC)

Proposta á elección de admnistradores[editar a fonte]

Non puiden onte concluír a proposta, hoxe engadín o que faltaba. Supón unha variación sobre o procedemento de votación que creo, será ben acollida por todos, pois é organizada e democrática, e procura o consenso. Exliqueina en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Nova proposta--Lmbuga Commons - Galipedia 11:39, 3 outubro 2007 (UTC)

Non o vexo claro[editar a fonte]

Ola Lansbricae. Rógoche que me axudes a caer da burra. Non vexo máis ataque que o que eu recibín e unha resposta, a miña, feita á medida. Ataque semellante ó que recibiu Alberte ó lle ser dito, por un usuario que quería defenderse (cando non era necesario defenderse) de cousas totalmente diferentes, entre outras lindezas que tiña que ter sido bloqueado.

Creo o meu deber parar actitudes que destrúan o ambiente de traballo. Non fixen outra cousa que invitar a un usuario a cambiar de trato ou desaparecer, polo ben de todos considéroo conveniente. ¿Cales son os insultos? ¿Dígoche os que eu recibín sen a máis mínima desculpa?

Así e todo, se non me respondes, non importa. Non teño intención de afondar neste tema--Lmbuga Commons - Galipedia 08:54, 4 outubro 2007 (UTC)

Maañón[editar a fonte]

  • Dixen o que penso na miña páxina de usuario. Explico tamén o motivo polo cal me nego a escribir na de Maañón. Grazas --Lmbuga Commons - Galipedia 14:16, 4 outubro 2007 (UTC)

Re: Aclaración[editar a fonte]

Non hai problema. Coma sempre, teño que deixar repousar uns días as cousas. Non estou enfadado nin contigo, nin con Maañón; inda que pareza o contrario (o de non escribir na páxina de Maañón é sobre todo para remata-lo tema). Só sei que a min se me solicita o da boa fe e comigo non se ten. Só sei que a colaboración se basea no diálogo e que, se fas algo mal, inadecuado,... o último que se pensa para comigo é en que dialogando se pode colaborar para que as cousas cambien, e que eu son capaz de colaborar.

Se antes de escribir o que escribiches en contra do sistema que creei de votación, mo comentases, poderiamos colaborar. Así non. Segue sen haber diálogo. ¿Sería tan difícil mudar a páxina e darlle formato de "consenso" e non de "votación", cambiando o nome,... e darme a oportunidade de colaborar niso e de expresar publicamente que o fixera con boa intención. Ou -ocórreseme- preferías apartarme. Ou preferías tirar por baixo o xa feito? Son só preguntas que fago ó aire, non pretendo molestarche con elas, se as poño é porque son indicativas do tipo de preguntas que me xorden.

Non é este o meu modelo de Galipedia. Non prima a boa fe. Non prima o diálogo. Xa non estou cómodo traballando aquí. Antes, se me confundía, dicíanme: estaste confundindo e falaba coa xente. Agora non, agora, como son administrador, se me "confundo", exponse publicamente sen dar oportunidade ningunha de rectificación. Antes como administrador, era ben tratado, un máis; agora, son arepresentación de non sei que poder. Así non se pode traballar. A saída dos administradores, o que a Alberte lle digan que tivera que ser bloqueado, as dificultades entre ti e eu na colaboración (non son dificultades persoais) e o trato vexatorio de usuarios que non queren ser nomeados, fan que me faga moitas preguntas.

Sobre o sistema de votación, eu sigo considerándoo preferible. Pero dáme igual un ca outro. O caso é que, se non se crea unha estrutura semellante á deste, con subpáxinas con cousas pequenas, non vai participar probablemente tanta xente como podería participar neste. Pero ben, eu ese tema abandónoo.

Por certo, isto dígocho confidencialmente (inda que en espazo público), baixar os requisitos para a administración -é un agoiro- provocará no futuro unha Galipedia ideoloxizada e con serios conflitos ideolóxicos. Baixalos supón sermos carne de canón para moitos colectivos. Hai que mirar o futuro, non só o presente. Ese é o motivo real polo que considero que hai que pór unhas dificultades mínimas para ser administrador. Non cheguei a dicilo porque era un dos argumentos que tiña gardados e non quería que caese en saco roto. Se non houbese ese risco, quizais podería estar de acordo contigo.

Non espero o Consello de Guerra. Xa o houbo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 15:48, 4 outubro 2007 (UTC)

non pasa nada, non tes a culpa ti de que me descalifiquen. Supoño que foi que coincidiu mal momento. Metinme a opinar cando xa se estaban repartindo tortas, e xa se sabe, o que se mete no medio leva dos dous lados. Abstereime de opinar, nada máis. Saüdiños --4nauta 21:49, 4 outubro 2007 (UTC)

Seguridade alimentaria[editar a fonte]

Penso que poderias fechar a votación sobre Wikipedia talk:Artigo Destacado/Propostas/Seguridade alimentaria porque ten 3 votos a favor e nengun en contra e non penso que vaia haber máis participación. Iria para o mes que ven. Estou pensando que talvez estaría ben ter un marcador que sinale os próximos artigos que van aparecer na portada para chamar a mellorar neles. --Xosé (✉) 16:12, 5 outubro 2007 (UTC)

  • Grazas. Teño moita fe. Non entendo o do template, pero porei unha ligazón no Portal, supoño que valerá. --Xosé (✉) 00:16, 6 outubro 2007 (UTC)
  • Erros de ortografía. Non me queimo nada aumentando neles, é un pracer e todo o que sexa mellorar a lingua vénlle ben á Galipedia. Polo menos que haxa ferramentas ou artigos para que calquera poida corrixir. Todos cometemos erros, o caso é procurar non repetir os mesmos moitas veces, e irmos mellorando a nosa lingua. Saúdos, Lansbricae, moita saúde. --Xoán Carlos Fraga 16:50, 6 outubro 2007 (UTC)

Presente[editar a fonte]

Deixeiche un presente aqui:

levoume mais do que pensaba e vou dormir, bota-lle un ollo. --emilio juanatey(talk) 00:01, 10 outubro 2007 (UTC)

  • Non sei a que veñen esas grazas, polo tanto seguro que non se merecen. O do can, síntoo, xa teño un, e non é moi amigable aínda que é moi riquiño (teño unha foto en Commons por se o queres ver [1]). Respecto ó de facer as paces non vexo por qué, creo que non houbo ningunha guerra entre nós (estando ademais tan preocupados polos dereitos humanos). Un saúdo. AlberteSi, digame? 11:15, 11 outubro 2007 (UTC)

San Cibrao de Las[editar a fonte]

Eu xa rematei coas miñas correccións. Dinlle dúas voltas e creo que non se escapara nada (pero nunca se sabe, claro). Bótalle un vistazo a ver se estraguei algo. Mira tamén estas cousas:

  • En "Descrición", último parágrafo, dis que "mantén contacto visual cos castros de...", algo que xa dixeches en "Situación". Creo que iso cadra mellor nesta sección (Situación), pero ti verás.
  • Cando falas da "Antecroa" dis que "predominan as construcións de planta rectancular ou angular". Supoño que este "angular" quere dicir que ten ángulos (a diferenza das casas normais redondas), pero terías que buscarlle outra palabra. Iso de "angular" soa raro.
  • Na sección "Cerámica" explico en nota ó pé o que é o garum, de acordo a un libro de coiña de Marco Apicius. Bótalle un vistazo a esa nota.
  • E máis nada. O artigo está completísimo e levareino impreso cando vaia coñece-lo castro en canto me sexa posible. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 22:31, 11 outubro 2007 (UTC)

Santa Comba de Bande[editar a fonte]

Pódesme confirmar que esta é a igrexa de San Trocado? --Xosé (✉) 13:00, 12 outubro 2007 (UTC)

  • Que eu lembre só hai pinturas na capela da cabeceira, non recordo as outras. O de Grupo Galaico non sei se coincide exactamente co territorio da actual Galiza. Se así for, supoño que se poderian unificar - pero nen lembro quen lles deu esta denominación. --Xosé (✉) 17:26, 14 outubro 2007 (UTC)

fotos[editar a fonte]

Bo día!
Antes facía o da caixa, pero dábame problemas, porque aparecía duplicado (ou mesmo triplicado) o do resumo e o da licencia.
Recurrín a este "método" (o que uso ultimamente) seguindo o exemplo doutra foto que mirei por aí, e conseidereino oportuno porque creo que, aínda que sen caixa, poño tódolos datos pertinentes (data, nome do autor, resumo e licencia).

En calquera caso, volverei intentar o da caixa. Pero quizais remate tirando a pantalla pola fiestra...

Moitas gracias pola ardua labor de categorizar e de correxir os homónimos.

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaei 10:34, 15 outubro 2007 (UTC)

limando asperezas[editar a fonte]

boteille unha revision ao das traducions, tratando de limar todo aquilo que aparentemente poidera traer mais discusion. A ver se ti ves algo mais.---- Maañón (boura, boura) 10:19, 20 outubro 2007 (UTC)

no category[editar a fonte]

bo día!

acabo de crear un artigo, pero non sei como categorizalo; impórtache intentar arranxalo?
un millón.

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaei 11:11, 22 outubro 2007 (UTC)


normas[editar a fonte]

Ok, non o sabía, adicábame a traducir coma sempre baseándome nas propias licenzas da wikipedia. ¿Onde se supón que teño que pór esa información? Un saúdo. --Adalbertofrenesi(fala) 20:17, 23 outubro 2007 (UTC)

Ok, acabo de ver o teu comentario no de Emilia Romaña, hai que po-lo interwiki. É que verás, como un artigo non é propiedade de ningunha persoa soábame moi raro, xa que tamén é verdade que nas máis das veces o traballo é feito coa colaboración de varios que van engadindo cousas, así que tentarei lembarme do comentario e dos interwikis. --Adalbertofrenesi(fala) 20:22, 23 outubro 2007 (UTC)

unha puntualización[editar a fonte]

paréceme moi ben a mensaxe do artigo de Emilia-Romaña sobre os dereitos de autor, só que hai formas de dicir as cousas. Eu son novo nisto e o primeiro día vin que unha das opcións de colaborar era traducir artigos doutras wikis. Como estou facendo rexións de Italia pensaba que unha boa aportación á galipedia era traducir os artigos do país de orixe, en ningún momento pretendía vulnerar os dereitos de ninguén, só enriquecer os contidos da galipedia. Non me parecen formas de dicir algo pola túa parte, que ademáis quede ese comentario nesa entrada, podías deixarme unha mensaxe e eu poría a fonte ou directamente a poderías ter posto ti se sabes facelo. Creo que a idea da galipedia é colaborar e mellorala e non deixar mensaxes desa maneira. Un saúdo.--Jonathan Chapela 14:39, 24 outubro 2007 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Grazas e pacencia... como din polo Ribeiro, non queres seguir co wikiproxecto dereitos humanos??, eu agora estou traballando a reo en varios artigos, entre eles, o de Tiranía, no que a túa colaboración, sería moi ben recibida, tendo en conta o teu saber facer. Espero que o penses e me botes senón unha man, as dúas, e non o pescozo. ;) PD. Gustoume o teu portal, fáltalle que lle poñas, Ubi erit Lamsbricae? Un afectuoso saúdo. Alma (fálame eiquí) 21:27, 24 outubro 2007 (UTC)

Wikipedia:Taboleiro dos burócratas#Atribuír ou retirar o estatuto de administrador[editar a fonte]

  • Tes razón Lansbricae. Actuacións coma as que desenvolves (crear Wikipedia:Votacións/Como resolver disputas sen pasar por consenso) fan ver que me confundín ó crear (con boa ou mala intención, déixoo ó teu gusto) a votación dos administradores do xeito en que o fixen. O que me pregunto é se o erro existe en si ou por actuacións como as túas. Quizais dea igual ou quizais a resposta tamén sexa controvertida e teñamos que discutir o sexo dos anxos, cousa á que non estou disposto.
Xosé variou a proposta de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores (na mesma liña máis ou menos en que eu o faría) buscando o maior posible consenso (espero que concordes). ¿Que che parece se consideramos propor xuntos (os dous xuntos!), dado que é tan problemático o xeito de creación da proposta (para min o motivo de facela así era a urxencia que á tal proposta lle vía, inda que poida non ser verosímil), movela a Category:Wikipedia:Materias en proceso de consenso.
Por certo, se propuxeras na miña páxina de discusión no seu momento movela, teríaa movido. ¿Miramos de acordar con Xosé movela e acabamos con esta leria? ¿Ou será mellor deixala onde está porque con ela xa se chegou ó maior consenso posible? ¿Non sería mellor aprobala como está e despois mirar de reformala, tal e como eu consideraba? O que non estou disposto é a crear un consenso para votar se hai que movela, pois sería roldar o absurdo.
O que me parece triste é que se eu non seguín os procedementos acordados en Wikipedia:Votacións, ti, que non estás de acordo, crees unha votación cos mesmos procedementos ca min. En definitiva -creo-, consideras que co meu xeito de actuar dinamitei a Galipedia; agora dinamítala ti: ¿Que estamos facendo?
Non vou atender a túa solicitude de pechar Wikipedia:Votacións/Como resolver disputas, pois primeiramente, antes de o considerar, desexo rogarche que a movas a Category:Wikipedia:Materias en proceso de consenso. ¿Quizais discrepemos na urxencia desa votación? ¿Quizais fose conveniente que propuxeses esa páxina para o seu borrado? Eu non sei: Ti verás. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 22:52, 24 outubro 2007 (UTC)

Pénsao con tempo. O que eu non valorei é que un tema coma ese, de tal importancia, debese seguir estritamente as normas para ter respaldo dos usuarios. Esa foi sen dúbida a miña confusión. Estamos a tempo de rectificar e movelo para procurar consenso--Lmbuga Commons - Galipedia 23:18, 24 outubro 2007 (UTC)

  • Penso que estamos nun momento no que se ve claramente que prima o interese pola nosa wikipedia e no que se poden retomar as boas relacións e o traballo conxunto, tranquilo, amigábel, satisfactorio, ilusionante e divertido (se falta algun adxectivo, incluídeo). Para tirar para diante, vou submeter a votación o tema da elección de administradores. Se permitimos unha marxe de confianza, utilizarémolo para concederlle esa capacidade a uns cantos e, dentro dun mes, ou dous, ou tres, ou catro, poderemos, sen máis preocupación, introducir as modificacións, ampliacións, melloras, matices, correccións que vexamos pertinentes. Durante ese tempo retomaremos as cuestións pendentes - e iso sen esquecer que dentro de 5 anos aínda estaremos elaborando políticas! - Déixovos esta mensaxe a Lmbuga e a Lansbricae. --Xosé (✉) 20:53, 25 outubro 2007 (UTC)

Interwikis[editar a fonte]

Ola, pódesme explicar como se poñen os interwikis ou remitirme o link da explicación? gracias!

mover a Gzº[editar a fonte]

Se non entendo mal: queres que deixe un só dos artigos que cumpra estas tres condicións?

  • que sexa exemplificador
  • que estea na categoría Mover ó Galizionario
  • que estea na categoría Semcat

Pacificae salutationis quoque. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 22:41, 25 outubro 2007 (UTC)

Re:Resposta[editar a fonte]

Ola de novo. Son moitas as cousas que dis na túa última mensaxe, demasiadas para non precisaren unha nova lectura. Lin o que me expueches unha vez. Volvereino ler máis tarde e se é preciso volverei comentarche algunha cousa que se me ocorra.

Primeiramente, agradecerche que me agradezas o ton das miñas palabras. Quizais estean confundidas, pero con ese agradecemento percibo claramente que percibes a intención (sincera intención) das mesmas.

Indícasme que me confundín nalgunhas das miñas apreciacións sobre como foi creado Como resolver disputas. Acepto as túas esplicacións (como é normal, pois puiden por ausencia ou descoñecemento do proceso non saber como foi a cousa) como podo aceptar de aquí en diante as túas explicacións sobre moitas outras cuestións. Quero dicir con isto que non me paro a comprobar nada, que non é necesario que deas tantos detalles, que te estendas tanto na fundamentación se eu non cho solicito (raro será que o solicite, salvo conflito maior), pois tanta fundamentación e discusión non é positiva para ti, para min, nin para a Galipedia: Temos que deixar de nos andar a defender ou a fundamentar. Temos que crer en nós. Temos que acadar que a Galipedia medre e relativizar moitas outras disputas que soamente fan que ese crecemento mingüe. Agradézoche que perdas tanto tempo en demostrar que as cousas non son como eu as vin no seu momento, pero é preciso, polo ben de todos, que confiemos nos demais: todos podmos ter palabras inopotunas, todos podemos ter actuacións inadeduadas, pero todos temos o deber de conseguir que as palabras inoportunas dos demais, ou as actuacións inadecuadas (quizais sexa un termo brando) sexan motivo para continuarmos xuntos despois dunha simple reflexión. Eu seguirei sendo belicoso ante calquera usuario que non inicie esa reflexión na páxina de discusión do usuario en cuestión (en especial se é un usuario habitual o obxecto de crítica). Quizais difira algo das apreciacións que últimamente vin na Galipedia, pois eu penso que o máis importante é coidar (ser mesmo afectuoso) co usuario ou editor habitual, moi por encima, inda que iso non quite ter unha excelente actitude coos novos.

Sei que ti estás de acordo co que estou dicindo. Tamén sei que levar a cabo iso, que ter confianza en persoas que non nos vemos vital e corporoamente, non é tan doado. Pero tamén sei que, tras ler moito do que escribiches, o que observo é que temos máis cousas común, moitas máis, do que diferencias.

Tamén coincido en que a división actual que semella haber na Galipedia, división ó meu e ó teu entender aparente, e na que xogamos moi poucos en comparación coa totalidade, non é unha división real. Así e todo, inda que non real, creo que é unha cuestión de estilos, creo que é unha pequena batalla que non nos debe facer perder de vista o que temos en común.

Iso si, a batalla existe. Existe por moito que teñamos en común. E ademais, sinto que en dita batalla ti es (dígoo sen animadversión) o meu principak contrincante.

Como para ti, para min, as políticas hai que respectalas. Coincido contigo en que eu, ó presentar a votación para a elección dos administradores, fun o primeiro en salta-las normas. Fíxeno crendo que era o preferible para todos. Fíxeno así, así a todo, en grande parte, por descoñecemento do funcionaemnto da Galipedia (eu traballaba en grupo, e o meu era Commons, non a Galipedia)——> Espero que entendas o que isto suxire, se es quen de imaxinalo, realmente é sorprendente.

A batalla para min consiste no diálogo. En pedir pra min o trato que eu lles douu ós usuarios habituais na Galipedia. Procedo a transcribir a continuación, para explicalo, un anaco dun email que lle enviei a un usuario fai un par de semanas:

Podo poñer un exemplo evidente que ocorreu fai tres meses aproximadamente. Utilizareino como arma argumentativa se fose nalgún momento preciso. Un usuario habitual, é máis, un gran colaborador, cometeu uns flagrantes copyvios (fun avisado deles por correo) por copiar uns artigos literalmente dunha publicación impresa. Se isto acontecese na Wikipedia española, sería bloqueado, probablemente por moooooito tempo. Pero o espírito que a min me ensinou Prevert (del aprendín) foi outro, e eu coincidín moi axiña con el: ós usuarios, especialmente os habituais, hai que coidalos, hai que protexelos. Non se trata de boa fe, trátase de ser familia, de ser comunidade. Eu marquei tres páxinas para borrar e creei a discusión para o seu borrado. Comuniquei ó usuario a circunstancia procurando ser respectuoso. Deille, en definitiva, a oportunidade de expresarse. E expresouse: Recoñeceu o copyvio, concordou no borrado das páxinas, e grazas a iso, non ocorreu nada, pois, ademais, disculpouse. ¿Como vou eu bloquear un usuario que se disculpa, que recoñece os seus erros?, pois ese é o usuario máis válido, xa que é o que aprende.

Ó meu parecer, ti negáchesme a posibilidade, non xa de rectificar, a posibilidade de aprender, por dúas veces. Esa é a miña batalla. Prefiro que iso siga acontecendo comigo en vez de acontecer con outros que poderían sentirse profundamente queimados. Eu non concibo como propio o teu xeito de actuar, en concreto o teu xeito de actuar comigo, que ó fin e ó cabo é igual có de actuar con calquera pois eu non son ninguén inda que sexa administrador; iso si, que eu non o conciba, non quere dicir que non poidamos colaborar.

Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 03:41, 27 outubro 2007 (UTC)

Tegra/Trega[editar a fonte]

nos artigos Castro de Santa Tegra, Monte de Santa Tegra, Sociedade Pro-Monte de Santa Tecla (e seguramente algún máis) habería que mudar ó nome correcto. ¿Seguro que é Trega? ¿O erro ortográfico non sería no libro de Antonio de la Peña Santos?

saúde, e pola sombra!! --Estevoaei 23:42, 27 outubro 2007 (UTC)

boa noite!

hoxe vin unha revista que edita a Deputación de Pontevedra de artigos sobre estudios da provincia. Nun de de la Peña Santos falaba continuamente de "Tegra", e na bibliografía aparecían varios libros (mesmo algúns seus) e todos falaban de "Tegra". Penso que o de Trega foi unha errata.
Só iso. Ó ver o artigo botei un ollo porque xa me picaba a curiosidade...

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaei 21:50, 29 outubro 2007 (UTC)

Category:Personalidades da Filosofía do dereito[editar a fonte]

Filosofía con maiúsculas pero dereito non? Ti que pensas. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 21:06, 29 outubro 2007 (UTC)

Reis de Asturias[editar a fonte]

Podería mentir, pero a verdade é que non sei que carallo fixen, polo que parece foi un conflito de edicións, pero se o sistema me avisou en nin me decatei. mirei o artigo para ver por onde ían os cambios e vin o encabezamento que puña "lista dos reis de Gallaecia" e quixen eliminalo e incluír unha cita no de Paio porque non me parecian moi apropiados, supoño que encanto eu buscaba e cita ti tiraches as categorías e eu nen me decatei. agora as elimino. sorry. --emilio juanatey(talk) 11:30, 30 outubro 2007 (UTC)

Axuda[editar a fonte]

Ola Lansbricae. Isto é o mellor e máis completo que hai: Dicionario visual da construción. --Xabier Cid 21:46, 30 outubro 2007 (UTC)

categorías redundantes[editar a fonte]

vexo que estas esforzándote en quitar as categorías redundantes de "Monarcas" nos artigos "Lista dos reis de ...". Creo que é mellor deixalas porque é un xeito de atopalas dende a categoría, que ó meu modo de ver é un navegador entre a información de primeira orde. Se o usuario ve "Monarcas", non é loxico que estean alí as listas?. Igual me faltan datos e o fas con vistas a xuntalas despois ou algo así. Cóntame que opinas. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 22:57, 30 outubro 2007 (UTC) A miña opinión:

  • Deberíase modificar esa categoría Persoeiros de...
  • Debo pedir perdón, pero non mirara a categoría Personalidades históricas porque está na segunda páxina e por moito que buscaba non atopaba. A verdade penso que debería ser Personalidades da historia
  • É máis: penso que deberían estar todas en maiúsculas. Personalidades da H, da F, da F do D, etc
  • O meu método era moi diferente do que facedes agora. Daquela tiñamos uns 10.000 artigos sen categorizar e apremiaban outras cousas. Agora o que hai é moito artigo en cada categoría, o cal é normal. Poucas veces me atopei nesa situación. Se tivese tempo e paciencia para volver categorizar, remataría cos que están sen categoría, porque é o que facía daquela.
  • Tamén se deberían quitar tódolos que están en Personalidades raíz e envialos á subcategoría correspondente.

Pero cada un dispón do tempo que ten e o utiliza como pode. Eu de momento estou algo liado, e non é unha das miñas prioridades. Só quería saber se usabas algún criterio claro ou explícito. Saúdos e pasándeio ben. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 00:03, 31 outubro 2007 (UTC)

Efemérides: grazas!![editar a fonte]

Que che podo dicir...? Moitas grazas polo apoio e polos parabéns que me deches!!! Ah, e grazas tamén por me lembrar de que aínda non rematei o meu labor coas imaxes, así que me terei que poñer a iso... jeje ;) --Toliño Fala aquí comigo 14:03, 31 outubro 2007 (UTC)


Porcentaxes[editar a fonte]

Poderíasme dicir de onde sacades os datos das porcentaxes de galegofalantes que poñedes nos artigos de municipios galegos??? Estou bastante interesado niso e gustaríame saber de que páxina o sacades. Grazas e saúdos. Meu_rei

xornais por lingua[editar a fonte]

boa noite!!

proposta: podes cambiar a categoría "xornais por lingua" a "periódicos por lingua"? Periódicos abrangue xornais, pero en xornais non se poden incluír as publicacións semanais, ou mensuais.

se che parece ben, fantástico.

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaei 00:23, 3 novembro 2007 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Grazas pola benvida!--Caronium 15:27, 3 novembro 2007 (UTC)

Arxentina[editar a fonte]

brrr...
metíchesme no asunto da Arxentina, e só se me ocorre porme a traducir artigos longos e nos que aparecen centos de redirecións en vermello... xa rematei o dos Fabulosos. Agora estou co Tango. A ver se ó rematar me poño con compositores de tango, e outros rollos.
vexo que ti tamén lle dás duro ó tema transoceánico. moi interesante o tema principal e os artigos relacionados, como o das persoas.
Ánimo, e parabéns!!
Saúde, e pola sombra!! --Estevoaei 11:16, 5 novembro 2007 (UTC)

dúbida[editar a fonte]

boas! desculpas se recurro a ti, pero prefiro preguntarllo directamente a alguén que facer a pregunta aberta e que, ou non responda ninguén, ou respondan 20...

¿que debo modificar para que na sinatura apareza o acceso á miña páxina de discusión? ¿Como podo mudar o texto dese acceso??

Un millón!!

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaei 20:40, 5 novembro 2007 (UTC)


traduçao[editar a fonte]

Boas, andei a "fozar" algo na proposta de consellos x traducion x que sexa o mais neutral posible (pero sin descafeinala, claro). S'hai algo q non valla, (re)cambia de novo. Por certo, Xbéns polo traballo nela, o da biblioteca dAlexandria é interesante (sen embargo elixir como patron a un vello barbudo, vaites!, jeje). Saudos.---- Maañónoo (o que ho?) 13:47, 6 novembro 2007 (UTC)

Votacións a administración[editar a fonte]

Respecto ao formato das votacións, creo que seria mellor propoñer a cada administrador independentemente, con "Revogación dos permisos de administrador para X" entre == e == e espazos para "a favor" e "en contra". Non temos un formato específico para isto pero así seguimos o esquema das demais votacións. Parece-che? Ademais, eu comunicaria-llo na páxina de usuario de cada un. --Xosé (✉) 18:52, 6 novembro 2007 (UTC)

  • Si, é delicado a primeira vez e, como non está indicado que se faga dunha forma ou outra, vale igual. De feito, estábamos a falar do tema e ver como facer por IRC cando xa o propuxeches ti; tamén comentamos que estaria ben mandar-lles un correo. Por certo, na páxina da política di-se que as votacións son en Wikipedia:Votacións á administración en vez de Wikipedia:Administradores/Votacións á administración. A verdade é que esta páxina está mellor porque é máis explicativa - pode-la mover? --Xosé (✉) 19:32, 6 novembro 2007 (UTC)
  • Non hai de qué. O correo deberíase mandar ao meu parecer, preferiblemente empregando a ligazón "Enviar un correo-e a este usuario" da páxina de cada usuario, xa que así aparece como asunto "Correo-e da wikipedia". De todas formas o que marque cada ún como spam ou non xa é aparte. Saúdos :D --Banjo tell me 20:44, 6 novembro 2007 (UTC)

Coincidencias[editar a fonte]

Encántame esa versión de Enrique Morente... resúltame imposíbel ler ese poema desvinculándoo da canción. Que ben! Grazas por permitirme ler o poema esta tarde de outono... (con todo, ollo co copyvio!)--Xabier Cid 18:57, 7 novembro 2007 (UTC)

Vandalismo[editar a fonte]

Boas User:Lansbricae. Prégolle que non vandalice na Galipedia, xa que esta edición é moi grave e atenta contra a dignidade da wiki. Esta edición é constitutiva de bloqueo, porén vou deixalo nun apercibimento. No seguinte vandalismo non serei tan indulxente e será bloqueado. AlberteSi, digame? 19:39, 7 novembro 2007 (UTC)

grazas[editar a fonte]

grazas sinceras. Concordo contigo no dos bandos, aquí hai sitio pra todos. Cóidate.---- Maañón00 (o que ho?) 16:00, 9 novembro 2007 (UTC)

Image:Monte Santa Tegra antiga 1933.jpg[editar a fonte]

Vinme na obriga de marcar esta imaxe por ausencia de orixe. Un usuario de Commons subiu esta imaxe, procedente da Galipedia a Commons, e indicoume (aquí) que cría que non debera subila. A imaxe non ten orixe. Inda que édos anos 30, a morte do fotógrafo puido ocorrer moito despois, polo que me vin obrigado a marcala para poder marcar tamén, por ter orixe incerta, a imaxe de Commons. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 02:16, 10 novembro 2007 (UTC)

  • Ola Lansbricae ! Son eu a que ando tranpullando co castro de Santa Tegra. Xa sabes que quero por todoos castros na wiki francesa e iste e me duro de traducir, porque pareceme que hay cousas que non me van. Enton pa ganar tempo, como vin que na wiki en castelan non se vian as imaxes que non pasan por commons, pois ....
  • Por outro bando, o da proto historia e a idade antigua en Galicia, teño unha proposta pa paxina de discusion, pero como o tema ten que ser con moito rigor intelectual, escribin no en frances e agora non me é facil de traducirme a o galego pa que sexa sencillo. Fai me falta tempo, pero non olvido. Saúdos Elvire 13:24, 10 novembro 2007 (UTC)

Ola, coido que por agora non fai falla a category:linchamentos pois soamente hai un artigo, esperemos que non medre a cousa e non faga falla categoria e incluso subcategorias (non as cito ao seren obviedade). ---- Maañón00 (o que ho?) 22:42, 10 novembro 2007 (UTC)

omega[editar a fonte]

do omega, as que máis me gustan son el pastor bobo e Manhattan, pero o certo é que la aurora de Nueva York tamén é incrible. --Foucault pendulum animated.gifEstevoaeiPa o que queiras... 02:22, 11 novembro 2007 (UTC)

Xa case podemos facer un clube de afeccionados a ese álbum... --Xabier Cid 13:09, 11 novembro 2007 (UTC)

Casa Grande de Lentille[editar a fonte]

Ola, Lansbricae. Só un aviso para dicir que desprotexín o artigo con data mañá luns, por se queres retomar a protección. Parece que dende abril xa foi abondo, e por eso o fixen.--Agremon(contacto) 21:29, 11 novembro 2007 (UTC)

Ola, Estevo.[editar a fonte]

En canto poida, poñereime a revisar os dous artigos aos que me remites. Para calquera dúbida, aquí estou. Saúdos. --Uxío 23:20, 11 novembro 2007 (UTC)

erro[editar a fonte]

tes que desculpar, pero cando me aprenderas a modificar a sinatura en "as miñas preferencias", copiei segundo me dixeras, e por iso houbo varias mensaxes redireccionadas á túa páxina de discusión.

Mea Culpa entonado. Propósito de enmenda. Erro enmendado. Confesión feita. Solicito perdón.

Saúde e pola sombra!! --Foucault pendulum animated.gifEstevoaeiPa o que queiras... 23:26, 11 novembro 2007 (UTC)

On the road[editar a fonte]

Ola Estevoaei, boteille o ollo que me pediches a On the Road (no referente a miña "especialidade", os Estados Unidos, pois de México non controlo moito), e só tiven que facer un par de cambios. Boa noite a ti tamén!. Un saúdo --Furado 00:06, 12 novembro 2007 (UTC)

templates[editar a fonte]

bo día!!
podes aprenderme a facer templates?? quería facer un sobre pontes. Está ben o que hai en castelán (es:Puente de Carlos III, por exemplo).
Un millón!!
Saúde, e pola sombra!! --Foucault pendulum animated.gifEstevoaeiPa o que queiras... 09:37, 12 novembro 2007 (UTC)


estou toleando.... fixen o template, pero non son quen de meterlle os datos. Ata agora o que facía era copiar un template xa feito nunha páxina e mudar os datos, pero metelos de cero estame costando un potosí.
se o fixeras, aínda que con datos de mentira, con por exemplo Ponte do Burgo, agradeceríacho case case infinito, e modifico os datos nun pis-pás.
Un trillón.
Saúde, e pola sombra!! --Foucault pendulum animated.gifEstevoaeiPa o que queiras... 13:35, 12 novembro 2007 (UTC)

Como xa puoco se podía engadir mais, puxenlle un pequeno reborde á caixa de castelo, pero ti es o creador, asi que senon che gusta revértea sen ningun problema. Vaia morea de castelos que temos en Galicia e eu sen enterarme ata que me galipedicei! bon traballo---- Maañón00 (o que ho?) 11:54, 13 novembro 2007 (UTC)

Tamaño das imaxes[editar a fonte]

Nada, ho! Para iso estamos todos, para corrixírmonos entre todos. Respondendo á túa pregunta, o que está predefinido é poñer as imaxes en 100px, pero non se ten que cumprir sempre estritamente, senón que se pode aumentar ou diminuír segundo a imaxe que sexa para evitar que se vexa mal. UN SAÚDO --Toliño Fala aquí comigo 20:51, 16 novembro 2007 (UTC)

Correo[editar a fonte]

Ola, Lans. Tes un correo. Pedro --Lameiro (conversa) 18:30, 17 novembro 2007 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Boa noite sr. Lansbricae. Grazas pola axuda con Estevo IV. Coido que xa ficou arranxado - Montes, 18 -XI- 2007, 1:32

imaxe bus[editar a fonte]

wow!! o autobús de Cuíña que foi á feira de Cuspedriños, nun lugar tamén emblemático, o cruce do bar de Emiliano en Marcón!!!

xa está. Non me mola demasiado conectarme á rede recén chegado da rúa e bébedo...

Saúde, e etcétera --Estevoaeipa o que queiras... 02:55, 18 novembro 2007 (UTC)

Adán e Eva[editar a fonte]

Grazas, Lans. Mañán métome co artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:07, 18 novembro 2007 (UTC)

Ola! Borrei a categorización que fixeches dos escritores de Galicia dentro de España, porque até o de agora sempre categorizamos os galegos á altura dos demais, para poñer en relevo os artigos sobre o noso. Un exemplo é Category:Ríos galegos que vai en category:Ríos e non en category:Ríos de España. Sei que pode chocar pero así viñamos facendo. A min nos comezos tamén mo tiveron que explicar (User talk:Albert galiza/Arquivo 1#Categorías). Saúdos. AlberteSi, digame? 19:52, 18 novembro 2007 (UTC)
Eu coido que non é necesario recategorizalo. Categorías como Ríos de Galicia, Historia de Galicia, etc. levan así dende os comezos e ninguén nos chamou separatistas nin se queixou de non atopar información. Eu penso que debería quedar así, de modificarse habería que mudar moitas categorías e entón creo que non debería quedar nunha decisión entre no-los dous, senón que habería que preguntar á comunidade. Se pensas que é suficientemente importante coido que deberías propoñelona Taberna. Á túa elección. Saúdos. AlberteSi, digame? 20:09, 18 novembro 2007 (UTC)

Portal:Galicia[editar a fonte]

Mencionaches un Portal:Galicia, pero non o atopo. É outro no que pensabas ou é en:Portal:Galicia? --Xosé (✉) 20:30, 18 novembro 2007 (UTC)

Conversa[editar a fonte]

Non o sei, non sei cando se actualizará. Aparentemente xa está aprobado pero supoño que hai que esperar á próxima actualización de software que fagan desde WikiMedia. Tampouco sei como nos enteiraremos (do dos portais chegou-me un e-mail desde WikiMedia que vin esta tarde, pero é distinto porque eu rexistrara a petición en bugzilla); realmente eses nomes son redireccións aos espazos existentes, polo que todo seguirá funcionando igual; despois haberá que pór un bot a mudá-lo todo. Eu irei probando cada poucos dias (creo unha páxina, que non gravo, con "categoría" en vez de "category"; se aparecen páxinas listadas é que xa funciona). --Xosé (✉) 20:41, 18 novembro 2007 (UTC)

(Category:Escritores en lingua castelá)[editar a fonte]

Moitas grazias Lansbricae ! Fixen un olvido que non ten perdon de Deus ! (Grazias a Deus só atea !) Agradecida ElviraConversa con mi 21:27, 18 novembro 2007 (UTC)

Ola véño de ver as duas mesaxes. Pa primeira supoño que Alberte explicoute. E logo polo resto estamos obrigados de colaborar Lansbricae, xa que temos casi os mismos temas de predilecion. A min gustame moito o teu traballo (artigos, mantemento, fotos, contribucions nas discusios etc) e xa sabes que conto contigo pa subir pouco a pouco todos os castros a wiki francesa ! Non teñas medo cando non concordarei ireicho decir. O problema e da miña parte que non me dou metida a aprender o galego. Confio moito na nosa colaboracion e non teño dubida niso. Eso non ter que ver que non me parece ben que che poñan de administrador, ainda que solo sexa polo malo xeito que tes pa falarlle a Alberte. Portaste con il como si fose un rapaz, é pa mín a idade na Galipedia é como o cor da pel, non ten nada que ver. Eu teño mais de duas veces a sua idade e teño o respeto que se lle debe a cualquera et por encima o que se lle debe as responsabilidades que colle e que colle moito ben. E il sabe escoitar ! De todas formas ainda que pases a administrador, respectarei a decision (si fai falta ireime queixar a outros (lol)). Estamos condenados a colaborar Lansbricae ! (lol) Saúdos ElviraConversa con mi 21:57, 18 novembro 2007 (UTC)

Falar de terceiros[editar a fonte]

Eu non ando falando de terceiros na túa paxina : faloche de ti. Non me gusta o xeito que tes pa falarlle a Alberte, PUNTO. Tratase de tí e non dil. E digoche isto por que eres candidato a administrador. Si Alberte fai algo como administrador que non me parece ben pois primeiro direillo a il, pero tamen segun do que se trata ireino decir na taberna ou no sitio adaptado, ainda non conozco ben a Galipedia, e por demais a Galipedia anda movendo todoos dias, e non estou o tanto de todo. Os administradores andan por ehi vixiando e informan cando fai falta ! E non te poñas de victima do mes de agosto, fixeches un papel que xenerou un cambio cualitativo na Galipedia, con algún desastre. Ise cambio de unha forma ou outra ibase facer. Para min non eres nin victima, nin heroe, participaches a unha evolucion da Galipedia. Vai pa diante Lansbricae, eu non lle dou importancia que sexas suceptible ou que non no sexas. Lembra que todas paxinas da Galipedia son libres de direitos e publicas. Lembra tamen que hay tantas paxinas nas wikis que ningen pode ir pór os morros por todas partes (lol). Pois pa acaber, eu teño na miña lista de vixilancia, a tua paxina, a de Alberte, a de moitos artigos e algnhas mais .... e a de Prevert (lol), e non é por iso que teño tempo de ir aprender de vos todoos días (lol). Acabo con iste tema. A colaborar ElviraConversa con mi 23:14, 18 novembro 2007 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Moitas grazas pola axuda. Si que era sinxelo! :) --Manudosde 12:54, 22 novembro 2007 (UTC)

Ooops[editar a fonte]

Vale, xa llo agradecín a el tamén. O que ocorreu é que ollei para o final da entrada e supuxen que foras ti o único que respondera :) --Manudosde 13:07, 22 novembro 2007 (UTC)