Conversa usuario:Fernanpercussion
Benvido(a) á Galipedia, Fernanpercussion!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo.
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]
Ola Fernanpercussion.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!
Axudas ortográficas[editar a fonte]
Ola Fernanpercussion. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!
--Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de decembro de 2016 ás 15:49 (UTC)
Lodoïska[editar a fonte]
Ola Fernanpercussion! Benvido á Galipedia! Grazas por colaborar no proxecto en artigos relacionados coa música clásica. Cando fagas un artigo sobre óperas recoméndoche incorporar a caixa de información específica que temos, xa que permite ver de xeito rápido datos interesantes da mesma, podes velo aquí. Por outra banda, para marcar as distintas seccións e que aparezan no índice do artigo debes poñer o título da sección do seguinte xeito:
== Argumento ==
=== Acto I ===
=== Acto II ===
Tamén debes incluir referencias aos lugares de onde tiras a información do seguinte xeito: <ref>tal web, tal libro, tal artigo...</ref>. Hai moitos formatos de referencias, eu non son experto, pero os básicos téñoos claros e podo axudarche se tes algún problema.
Finalmente, hai dous portais relacionados coa música clásica: o Portal:Música clásica e o Portal:Ópera, podes incluír ligazóns aos mesmos empregando o modelo {{Barra portal|Música clásica|Ópera}}
Se queres podes ver como aplicar todos estes aspectos en Tristan und Isolde, que é o único artigo considerado "artigo de calidade" sobre ópera que temos polo momento.
Máis nada (como se fora pouco!), para o que precises non teñas medo en preguntar na miña páxina de conversa e tentareiche axudar na medida dos meus coñecementos ou dicirche con quen podes contactar que che poida axudar. Un saúdo!! Piquito (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 19:54 (UTC)
Josef Gusikov[editar a fonte]
Boas Fernanpercussion, o artigo Josef Gusikov, que fixeches ti, ten varios marcadores de erros, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de xullo de 2017 ás 01:39 (UTC)