Josef Gusikov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josef Gusikov
Nacemento2 de setembro de 1806, 1802 e 1806
Lugar de nacementoŠkloŭ
Falecemento21 de outubro de 1837 e 1837
Lugar de falecementoAquisgrán
NacionalidadeImperio Ruso
Ocupaciónmúsico, xylophonist e cantante
editar datos en Wikidata ]

Michael Josef Gusikov, nado en Shklov (Belarús) o 2 de setembro de 1806 e finado en Aix-la-Chapelle o 21 de outubro de 1837, foi un músico ruso, intérprete do klezmer.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de músicos. Recibiu as súas primeiras leccións musicais a cargo do seu pai, músico profesional, en frauta e violín para entreter vodas e celebracións xudías. Aínda que non podía ler música, o seu talento era obvio e o seu vasto repertorio incluía non só música tradicional xudía, senón tamén melodías de Polonia, Rusia, Ucraína, Francia, Alemaña, Lituania, así como algunhas pezas clásicas. Nas súas interpretacións transmitía unha inspiración descoñecida profundamente melancólica e sentimental. Acompañado polo seu pai, comezou a facer xiras coas que gañaban unha sólida reputación en Rusia.

No apoxeo da súa xove carreira, encontrouse cunha devastadora traxedia. Foi golpeado pola tuberculose e viuse obrigado a abandonar a frauta, privándoo do único sustento que tiña para vivir coa súa esposa e tres fillos.

En 1831, dadas as súas grandes habilidades musicais, decide dedicarse a outro instrumento, pouco coñecido no momento, o “Shtroy Fidl”: instrumento primitivo orixinario da China e a India, que chegou a Occidente coa invasión bárbara dos tártaros e cosacos. Consistía nunha serie de listóns de madeira de diferentes tamaños dispostos en pequenos e delgados monllos de palla, golpeados con mazos. Gusikov mellorou o instrumento conseguindo unha amplitude de dúas oitavas e media de escala cromática, non na orde tradicional de semitón, senón dunha forma que facilitaba o seu rendemento. Gusikov é probable que coñecese este instrumento escoitándollo ao mestre consumado Sankson Jakubowski, co cal posteriormente estudaría.

En 1834 realiza concertos en Kíiv, Moscova e Odesa interpretando unha mestura de música xudía tradicional, música polaca, cancións rusas, música ucraína, así como transcricións de música clásica. Gusikov impactou a audiencia co seu excepcional virtuosismo e musicalidade, acompañado dunha capacidade de facer dun instrumento tan aparentemente simple, algo tan marabilloso e sofisticado. No concerto de Odesa escoitouno o violinista polaco Karol Lipinski, que co apoio do poeta Lamartine, animaron a Gusikov a realizar unha xira de concertos por Europa Occidental.

Xira por Europa Occidental[editar | editar a fonte]

En 1835 deixa a súa esposa e os seus fillos na casa e emprende a xira acompañado polos seus irmáns, co violín e o violoncello. Comeza en Lvov e Cracovia, máis tarde en Praga, chegando en 1836 a Viena, aínda capital musical da Europa da época, pero tamén un lugar marcado polo seu carácter antisemita imperial. Ignorando que a elite amante da música de Viena estaba retirada nas súas casas de verán, Gusikov concertou un concerto na cidade. O fracaso que tivo era o imaxinado dadas as circunstancias. Con todo, o crítico musical máis influente da Viena da época, Moritz Saphir, tras escoitar a Gusikov actuar en privado, apoiouno con entusiasmados artigos. Como resultado, realizou unha serie de doce concertos no Teatro Josefstadt estendéndose rapidamente a súa fama, probablemente como consecuencia da súa brillante musicalidade, virtuosismo e talento de improvisador, pero tamén pola estraña fascinación de que unha figura completamente hassídica, rodeada dos estereotipos xudeus da Europa do Leste, chegase a realizar as pezas de violín máis difíciles de Paganini cunha facilidade consumada. O seu aspecto de practicante hassídico, con rizos, barba, solideo e abrigo tradicional crearon fascinación, especialmente, en París onde os rizos se converteron no peitado de moda das mulleres co nome de “Coiffure a la Gusikov”.

Instrumento de "palla e madeira"

Declive da saúde e morte[editar | editar a fonte]

Dúas publicacións da Revue Musicale indican os dous sucesos relevantes no seu último ano de vida. A primeira, pertence ao 23 de xuño, e dá noticia do roubo do seu instrumento:

Temos unha noticia interesante sobre Gusikov, que tocaba música de asombrosa dificultade no instrumento de invención propia, que chamou " madeira e palla", xa que está feito unicamente destes dous materiais. Este artista acaba de experimentar unha perda cruel, a do seu propio instrumento, roubado en Bruxelas. Dise que a persoa culpable deste roubo é un profesor alemán, chamado Rosenstein, quen imaxinou a introdución das palanquillas harmoniosas en América para facer fortuna ofrecendo concertos alí. A simpatía de todos os amigos da música non pode deixar de chegar ao desafortunado Gusikov.

[1]

A segunda, datada o 29 de outubro, dá noticia do seu falecemento:

Gusikov, o inventor dun curioso instrumento chamado “madeira e palla” co cal obtivo uns efectos extraordinarios, sucumbiu a unha enfermidade de pulmóns seguramente incrementada pola angustia da perda do seu instrumento. Os lectores poden recordar que sucedeu na primavera pasada, nun abuso de confianza desprezable. O infeliz artista, morreu en Aix-la-Chap

[2]

Opinións sobre a súa música[editar | editar a fonte]

Mendelssohn á súa nai:

Teño curiosidade por saber se lle gustaba Gusikov tanto coma a min, é un fenómeno, un demo cuxa habilidade e adaptabilidade non ten ningún outro virtuoso no mundo e que por esta razón medeleita máis no seu instrumento de madeira e palla, que moitos cos seus pianos. Por certo, hai moito tempo que non estivera tan entretido nun concerto porque é un verdadeiro xenio

[3]

Escritor anónimo no diario xeral Musicalische en setembro de 1835 (Viena):

Gusikov, acompañado por dous violíns e un violoncello, interpretou unha aria de Rossini, algunhas variacións e un popurrí, cun nivel de habilidade técnica froito de anos continuos de práctica. Pasaxes no tempo máis rápido posible, todos os matices entre forte e piano, crecendo e diminuendo, trinos precisos, todo executado con pureza, sabor e elegancia. A novidade é unha técnica verdadeiramente extraordinaria, xerando un tumultuoso aplauso, e o artista (vestido cun traxe nacional tradicional) poderá programar un segundo concerto directamente.

[4]

Revista Gazette Musicale en xaneiro de 1837:

A sensibilidade de M Gusikov parece ser moi boa, tocando sempre con elegancia. As liñas melódicas redáctanse con gusto e pureza, e apenas un pode imaxinar cómo obtén un control de grande alcance na dinámica, buscando matices de forte a piano. É unha curiosidade musical máis que picante.

[5]

Franz Liszt:

Inmediatamente despois da miña chegada (de volta de París) encontreime cunha marabilla, unha gloria de madeira e palla, a través de Mr. Gusikov, o malabarista musical que interpreta unha serie infinita de notas nun infinito curto tempo e mostra a maior sonoridade posible de polo menos dous corpos sonoros. É un exemplo prodixioso de “superar a dificultade” que todo París aplaude neste momento.

[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schlesinger, Maurice (23 de xuño de 1837). "Novelles". La Revue et Gazette Musicale (26). 
  2. Schlesinger, Maurice (29 de outubro de 1837). "Novelles". La Revue et Gazette Musicale (44). 
  3. 3,0 3,1 "M J Gusikow". Hope Street Marimba. Consultado o 2 de xaneiro de 2016. 
  4. Hofmeiter (Setembro 1835). "September 1835". Musikalisch-literarischer (9). 
  5. Schlesinger, Maurice (1 de xaneiro de 1837). "Concert Guzikow". La Revue et Gazette Musicale (1). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Copasetic – Avran Nednick iUniverse, Inc. Lincoln, NE 2004
  • La música dell’assenza – Gianluca Grossi 2012 Roma Lit Edizioni Srl
  • Percussionist (ABriograpfical Dictionary) – Stephen L- Barnhart

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]