Conversa usuario:Claraguisansv2
Benvido(a) á Galipedia, Claraguisansv2!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 17 de xullo de 2018 ás 14:42 (UTC)
#MdeMuller[editar a fonte]
Ola, Clara!
Vexo que creaches os artigos sobre Martha Chase, Sallie W. Chisholm, Nancy Wexler, Anna Russell e Dorothea Pertz. Imaxino que foi no marco da actividade #MdeMuller organizada en Marineda City.
Moitas grazas! Os artigos teñen agora varios marcadores de atención para que sexan adaptados ao formato habitual dos artigos enciclopédicos (revisión de referencias, inclusión de categorías, ligazóns internas, revisión ortográfica etc.) Anímote a seguir editando para contribuír a reducir a fenda de xénero. Se tes calquera dúbida podes preguntarlle a calquera membro da comunidade deixándolle unha mensaxe na súa páxina de conversa. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de xullo de 2018 ás 08:48 (UTC)
- Parabéns polo traballo, se tes calquera dúbida podes preguntar en Wikipedia:A Taberna (axuda) e alí axudarémosche co que sexa :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2018 ás 09:54 (UTC)
- Benvida, Clara! Noraboa polo teu traballo de visibilización de biografías de mulleres acó na Galipedia. As biografías que creaches son ben interesantes. Non te asustes pola fila de marcadores que aparecen agora ao principio do artigo, son moi chamativos, pero están para que se poida ver que se pode mellorar de cada artigo. Conforme van mellorando os artigos van desaparecendo. Para calquera cousiña (eu son algo novata, manéxome mais ben co editor visual que co wiki e edito cousiñas pequenas) podes escribirme na miña páxina de conversa. Saúdos!Maria zaos (conversa) 18 de xullo de 2018 ás 15:10 (UTC)