Martha Chase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Martha Chase
Martha Chase.jpg
Nacemento30 de novembro de 1927
 Cleveland Heights
Falecemento8 de agosto de 2003
 Lorain
Causapneumonía
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterCollege of Wooster e Universidade do Sul da Califórnia
Ocupaciónxenetista, bióloga molecular, bioquímica e química
editar datos en Wikidata ]

Martha Cowles Chase, nada o 30 de novembro de 1927 en Cleveland Heights, Ohio (Estados Unidos de América) e finada o 8 de agosto de 2003 en Lorain, Ohio (Estados Unidos de América), tamén coñecida como Martha C-Epstein, foi unha bióloga estadounidense especializada en xenética, famosa por ter formado parte do grupo que en 1953 demostrou que o ADN é o material xenético para a vida, e non as proteínas.

Biografía[editar | editar a fonte]

Chase naceu en 1927 en Cleveland, Ohio. En 1950 graduouse en Ciencias da Universidade de Wooster e en 1964 obtivo o seu Ph.D. da Universidade do Sur de California.

En 1952 traballou como asistente de laboratorio do experto en bacterias Alfred Hershey no Cold Spring Harbor Laboratory da Universidade do Sur de California. Ambos demostraron no denominado Experimentos de Hershey e Chase que é o ADN a base do material xenético, e non as proteínas. Posteriormente sería moi respectada como xenetista.

Varios sucesos que lle ocorreron durante a década de 1960 terminaron a súa carreira como científica. Pasou décadas padecendo unha forma de demencia que a´privaba da súa memoria a curto plazo. Faleceu o 8 de agosto de 2003 de pneumonía.