Dorothea Pertz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDorothea Pertz
Biografía
Nacemento(en) Dorothea Frances Matilda Pertz Editar o valor em Wikidata
14 de marzo de 1859 Editar o valor em Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte6 de marzo de 1939 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Cambridge, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Brookwood (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónNewnham College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbotánica , escritora de ciencia , profesora universitaria , fisiólogo , ilustradora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiGeorg Heinrich Pertz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Pertz-6

Dorothea Franes Matilda "Dora" Pertz, nada o 14 de marzo de 1859 e finada o 6 de marzo de 1939, foi unha botánica británica. Foi coautora de cinco obras con Francis Darwin, o fillo de Charles Darwin. Foi elixida membro da Sociedade Linneana de Londres, sendo unha das primeiras mulleres admitidas con afiliación completa.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dora naceu en Londres o 14 de marzo de 1859. Filla de George Heinrich Pertz e a súa segunda muller, Leonora Horner, filla de Leonard Horner, quen era un intelectual progresista e un seguidor firme do darwinismo, un feito notable na súa vida. Creceu nunha familia onde as mulleres eran ben educadas e intelectualmente activas; unha das súas tías era a botánica Katharine Murray Lyell, quen foi biógrafa de Charles Lyell, o seu cuñado.[2][3]

A través das conexións familiares coñeceu a moitos prominentes naturalistas incluíndo a Darwin. Pasou a maioría da súa xuventude en Berlín, onde o seu pai era Bibliotecario Real, aínda que visitaban Inglaterra cada ano. Despois da morte do seu pai en 1876, Pertz mudouse a Florencia coa súa nai. Máis tarde regresou a Inglaterra e en 1882 foi admitida no Newham College, Cambridge. Estivo un ano en Italia antes de regresar a Cambridge en 1884. E nese ano participou nun dos Cursos Tripos de Ciencias Naturais, incluíndo botánica, e obtendo honores de clase. Unha vez que se permitiu ás mulleres obter titulación de graos, tomou o seu MA en 1932.

Posteriormente emprendeu estudos de fisioloxía vexetal, traballando coa supervisión de Francis Darwin, un lector na universidade. De 1892 a 1912, conxuntamente publicaron cinco artigos; durante ese período, tamén colaborou con William Bateson [3]e publicaron en conxunto un artigo, sobre a herdanza en Veronica. Tamén produciu dous artigos independentemente. En 1905, foi elixida membro da Sociedade Linneana de Londres, entre as primeiras mulleres admitidas como membros plenos, aínda que non participou no movemento que defendía a membresía das mulleres. Despois de xubilarse Darwin, Pertz foi animada por Frederick Blackman para emprender investigacións en tecido meristemático, pero tras un ano de observación de xerminado de sementes os seus resultados non eran concluíntes. Abandonou a investigación, posiblemente por decepción, aínda que Agnes Arber afirmou que " chegou a recoñecer que a fisioloxía vexetal do século XX se desenvolvía en liñas moi diverxentes daquelas nas que tiña sido educada e que esixía unha compresión de matemáticas, física e química que ela non tiña."[4]

Despois de que Pertz renunciara á investigación, a suxestión de Blackman, traballou na indexación da literatura alemá sobre fisioloxía vexetal, incluído as revistas Biochemische Zeitschrift für Physiologische Chemie. A pesar da dificultade da tarefa, completou o índice ata o ano 1935. Entre 1923 e 1936 proporcionou ilustracións para a súa amiga Edith Rebecca Saunders, en anatomía floral, e tanto o artigo como as ilustracións foron altamente respectada. Pertz fixo moito do seu traballo, ad honorem, por paixón pola ciencia, e nunca tivo un contrato formal en Newnham ou a universidade. Tamén realizou traballos de caridade, incluíndo traballos como masaxista nun hospital en Cambridge durante a primeira guerra mundial.

Obra[editar | editar a fonte]

Algunhas publicacións:

Por orde cronolóxica:

  • Pertz, Dorothea F.M. (1884). On the disposal of the nutlets in certain labiates. Londres p. 8 reprinted de Pertz, Dorothea F.M. (outubro de 1894).

E con Francis Darwin:

  • Darwin, Francis; Pertz, Dorothea F.M. (outubro de 1892). "On the artificial production of rhythm in plants". Annals of Botany: 245-264.
  • Darwin, Francis; Pertz, Dorothea F.M (xaneiro de 1903). "On the artificial production od rhythm in plantas, with a note on the position of maximum heliotropic stimulation". Annals of Botany :93,106.
  • Darwin, Francis; Pertz, Dorothea F.M. (1904). "On the distribution of statoliths in Cucurbitaceae". Annals of Botany 18: 453,454.
  • Darwin, Francias; Pertz, Dorothea F.M.(1904). Notes on the statolith theory and geotropism.I. Experiments on the effects of centrifugal force. II. The behavior of tertiary roots. 73. pp.447, 90.
  • Darwin, Francis; Pertz, Dorothea F.M. (1905) "The position of maximum geotropic stimulation": Annals of Botany. os-19: 569, 570-
  • Darwin, Francis; Pertz, Dorothea F.M. (1912). On a new method of estimating the aperture of stomata 84. pp. 136,154.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ogilvie, Marilyn; Harvey, Joy (2003-12-16). The Biographical Dictionary of Women in Science. Routledge. ISBN 978-1-135-96343-9. 
  2. "Pertz, Dorothea Frances Matilda [Dora] (1859–1939), botanist". Oxford Dictionary of National Biography (en inglés). doi:10.1093/ref:odnb/9780198614128.001.0001/odnb-9780198614128-e-58481;jsessionid=d78b60a4a84356b0550ed23b33b1612c. Consultado o 2022-08-01. 
  3. 3,0 3,1 "Explorando nuevas fronteras: biólogas innovadoras, Dora Pertz y Florence Durham". Mujeres con ciencia (en castelán). 2018-01-03. Consultado o 2022-08-01. 
  4. Arber, Agnes (1939-04). "Miss Dorothea F. M. Pertz". Nature (en inglés) 143 (3623): 590–591. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/143590a0.