Sallie W. Chisholm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Sallie W. Chisholm
Nacemento5 de novembro de 1947
 Marquette, Michigan
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterSkidmore College, Universidade do Estado de Nova York en Albany e Universidade da Cidade de Nova York
Ocupaciónbióloga, oceanógrafa, catedrática, biólogo marinho, investigadora e ecólogo
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Medalha Alexander Agassiz, Medalla Nacional de Ciencia, Prêmio Ramon Margalef de Ecologia, A.G. Huntsman Award for Excellence in the Marine Sciences, Fellow of the Ecological Society of America e honorary doctor of Harvard University
editar datos en Wikidata ]

Sallie W. (Penny) Chishom (1947) é unha bióloga mariña e oceanógrafa estadounidense no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. É experta en ecoloxía e evolución de microbios do océano.

Educación[editar | editar a fonte]

Graduouse polo Instituo Sénior Marquette, MI en 1965. Asistiu á Universidade de Skidmore e obtivo un Ph.D. pola SUNY Albany en 1974.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende 1976, Sallie ten sido membro de facultade no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Os seus estudos céntranse na ecoloxía do fitoplancto mariño. Os seus primeiros traballos foron sobre os procesos de plancto de nutrientes e a maneira en que estes afectan ao seu ciclo de vida en tempo diúrno. Isto levou a comezar a usar citometría de fluxo para medir as propiedades das células individuais.

A aplicación de fluxo citométrico ás mostras ambientais, levaron a Chisholm e os seus colaboradores (como os notables R.J. Olson e S.M. Sosik) ao descubrimento de que o plancto pequeno (en particular Prochlorococcus e Synechococcus) representan unha parte moito máis importante da produtividade mariña do que se pensaba. Anteriormente os oceanógrafos biolóxicos centráranse nas diatomeas silíceas como o fitoplancto máis importante, o que representa entre 10 e 20 xigatoneladas de captación de carbono cada ano. Os traballos de Chisholm mostraron que aínda era maior a cantidade de carbono que entraba no ciclo, polo cal confirmaron as teses de que as pequenas algas desempeñan unha función importante no ciclo de nitróxeno global.

Nos últimos anos, Chisholm desempeñou un papel visible na oposición ao uso da fertilización con ferro como unha solución tecnolóxica para o cambio climático antropoxénico.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Membro da Academia Nacional de Ciencias (NAS) desde 2003.

Galardóns:

  • Xaneiro de 2010: medalla Alexander Agassiz, por "estudos pioneiros dos organismos fotosintéticos dominantes no mar e por integrar os seus resultados a un novo entendemento do océano global".
  • Correceptora en 2012 do Premio Ruth Patrick da Asociación para as Ciencias da Limnoloxía e Oceanografía.
  • Medalla Nacional da Ciencia do Presidente Barack Obama o 1 de febreiro de 2013.
  • Premio Ramón Margalef en Ecoloxía, 2013, " por ser unha das máis produtivas investigadoras, carismáticas e activas en bioloxía e ecoloxía mariña".

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Chishol, S.W. 2012. Unveiling Procholorococcus : The Life and times of the ocean's smallest photosynthetic cell. 2012. En: Microbios y Evolución: El Mundial Que Darwin Nunca Vio. En: R.Kolter y S.Maloy (eds.) ASM Prensa. p. 16
  • Chisholm, Sallie W. 2011. The Iron Hypothesis: Basic Research Meets Environmental Policy. Publicou Center for Global Change Science, Massachusetts Institute of Technology, 11 p.
  • Coleman, M.L y S.W. Chisholm. 2010. Ecosystem-specific selection pressures revealed by comparative population genomics. PNAS 107 (43): 18634-18639.
  • Lindell, D.J.D Jaffe, M.I. Coleman, M.Axmann, T.Rector, G.Kettler, M.B. Sullivan , R.Steen, W.R. Hess, G.M. Iglesia, S.W. Chisholm. 2007. Genome-wide expression dynamics of a marine virus and host reveal features of coevolution. Nature 449: 83-86
  • Chisholm, Sallie W., P.G. Falkowski e J.J. Cullen. Dis-crediting Ocean Fertilization. Science 294: 309-310,2001.
  • Chisholm. S.W. R.J. Olson, E.R. Zettler, R.Goericke, J.Waterbury e N.Welschemeyer. A novel free-living prochlorophyte abundant in the oceanic euphotic zone. Nature 334 (6180):340-343, 1988.