Conversa usuario:AshSXXI/Arquivo 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 26 de xullo de 2017 ás 16:49 (UTC)

Information.svg Benvido/a e grazas por experimentar na Wikipedia. A túa proba funcionou, pero foi revertida ou eliminada. Por favor, bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Se o que queres é seguir a experimentar, usa a zona de probas. Grazas. Banjo tell me 27 de xullo de 2017 ás 09:41 (UTC)

RE:Bloqueo[editar a fonte]

Moi boas tardes. En primeiro lugar, benvido de novo á Wikipedia en galego. Con respecto ao teu bloqueo na Wikipedia en castelán, non son eu, nin ninguén aquí na Galipedia, a persoa indicada para o que me comentas nin á que tes que preguntar para tratar de solventar o teu problema. O único que podo facer é aconsellarche que leas o apartado de Desbloqueos no artigo en castelán da proposta de política de bloqueo para saber máis de como solicitar o mesmo alí xa que, e repito unha vez máis, aquí non podemos axudarte co teu problema e menos posibilitar o teu desbloqueo noutra Wikipedia. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 27 de xullo de 2017 ás 15:46 (UTC).

Redirección non necesaria[editar a fonte]

Boas AshsSXXI, borrei a redirección Concello de Ourense porque non é necesaria e porque non había ningún artigo que apuntara a ela. Os artigos que o precisen poden ligar directamente co artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 14:31 (UTC)

Sí, o artigo en progreso Democracia Ourensana AshSXXI (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 14:33 (UTC)

Que haxa un artigo que ligue aí non é razón para crear unha redirección que non é necesaria, xa cambiei o artigo Democracia Orensana para que ligue ó artigo, tal e como se indica nas páxinas de axuda. Se tes calquera dúbida podes comentarma na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 14:37 (UTC)

Estilo[editar a fonte]

Boas de novo, consulta o Wikipedia:Libro de estilo antes de cambiar a estrutura dos artigos :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 14:35 (UTC)

Novos artigos[editar a fonte]

Antes de facer máis artigos recoméndoche que mellores os que xa creaches porque tal e como están poderían ser eliminados (non aportan ningunha referencia e teñen unha extensión mínima dunha liña). Non abonda con engadirlles o marcador de revisión e esperar que outro usuario os amañe. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 28 de setembro de 2017 ás 16:05 (UTC)

Seino, intento melloralo como podo e poño avisos para ver se alguén pode axudar. AshSXXI (conversa) 28 de setembro de 2017 ás 16:14 (UTC)

Fotos de Ourense[editar a fonte]

Polas túas edicións paréceme que es de Ourense, non? Se é así poderías axudarnos no Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias... Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de setembro de 2017 ás 16:33 (UTC)

nomes dos artigos[editar a fonte]

Ola, AshSXXI. O nome do artigo Adelante(Partido político) está mal; como sabes, antes dos parénteses hai que poñer un espazo, e non hai necesidade de poñer en maiúsculas o P de partido, é un nome común. Pero de feito non hai necesidade de poñer o de (partido político) porque non hai ningún outro artigo chamado Adelante. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de setembro de 2017 ás 13:44 (UTC)

Antes había un artigo en Adelante, un periódico. AshSXXI (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 13:47 (UTC)

Adelante[editar a fonte]

Ola, AshSXXI. Se estás vinculado ao partido político Adelante, é recomendable que non edites esa entrada. Se les as normas, verás que se dá un conflito de intereses. Se non tes vencello ningún, daquela simplemente obvia esta mensaxe. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 29 de setembro de 2017 ás 18:16 (UTC)

Non, non estou vinculado a o partido: Adelante AshSXXI (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 18:19 (UTC)

Non fagas edicións non necesarias[editar a fonte]

AshXXI por favor, non fagas edicións non necesarias nas páxinas, non vale de nada e o único que consegues é facernos perder o tempo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 20:19 (UTC)

Acabo de desfacer a túa edición en OpenBSD, quitaches o marcador de ortografía sen amañar nada e deixando os mesmos erros que tiña. Por favor, asegúrate que os artigos non teñen problemas antes de quitarlles os marcadores. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 20:23 (UTC)

Artículo PDF/E[editar a fonte]

Non se deben quitar referencias, no seu momento funcionaron, o que hai que facer é amañalas. Se non se pode haberá que buscar outras, pero nunca quitalas porque poden axudar ós usuarios a amañalas. Poden quitarse si se comproba que son incorrectas, pero non era este caso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 20:36 (UTC)

Edicións en subpáxinas[editar a fonte]

Por favor, non fagas edicións nas subpáxinas doutros usuarios, esas subpáxinas só poden xestionalas eles, podes editalas se che dan permiso, se non non. Podes deixarlles avisos ou comentarios nas súas páxinas de conversa pero máis nada. Se atopas problemas graves, avisa no taboleiro de administradores. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 20:43 (UTC)

RE:Algo máis?[editar a fonte]

Seguramente si, todos cometemos erros, o caso é mellorar pouco a pouco. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 20:56 (UTC)

Portais[editar a fonte]

Ola AshSXXI. Por favor, deixa de eliminar contido dos portais, se hai seccións sen contido podes engadilo ti mesmo. Pídoche que deixes de alterar tamén a estética dos portais, se tes algunha observación que facer podes comentalo na conversa dos propios portais en lugar de alteralos, os portais que modificaches levan pouco tempo creados e polo tanto precisan aínda de evolución, por exemplo, as imaxes de cada portal vounas facendo aos poucos, hoxe puiden facer algunha logo de moito tempo sen poder facelo. Grazas e un saúdo. Piquito (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 21:39 (UTC)

Sintóo, estaba na táboa de mantemento como ligazón rota cara a ficheiro. Xa non modificarei os portais.

AshSXXI (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 22:21 (UTC)

Lingua[editar a fonte]

As contribucións na Galipedia son en galego. Non podes substituír o noso polo texto da wikipedia en castelán a medio traducir ou en castelán e menos sen o indicar (recoñecemento de dereitos)--HacheDous=0 (conversa) 30 de setembro de 2017 ás 12:14 (UTC)

Perdoa, está indicada na páxina da conversa. AshSXXI (conversa) 30 de setembro de 2017 ás 15:32 (UTC)

Adelante[editar a fonte]

Boas AshsXXI, o artigo Adelante, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes aumentalo para quitarlle o marcador. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2017 ás 08:23 (UTC)

O mesmo pasa co artigo Democracia Ourensana. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2017 ás 08:37 (UTC)

Steam[editar a fonte]

Boas AshSXXI, non podes mover un artigo da enciclopedia ás túas subpáxinas, así é case como se borraras un artigo... Se queres mellorar un artigo nas túas subpáxinas o que debes facer é copialo no teu espazo de usuario, e cando remates copiar o contido no artigo. Iso si, tendo coidado de respectar as posibles achegas que outros usuarios fixeran nese tempo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de outubro de 2017 ás 16:22 (UTC)

Xa volve estar no seu lugar. Se non fose por este movemento exprés, tiña a posibilidade de ser borrada de verdade. Grazas por contribuír con esta regra e este consello. AshSXXI (conversa) 13 de outubro de 2017 ás 16:26 (UTC)

RE:Axuda[editar a fonte]

Pon o modelo {{Lixo}} ó comezo e cando a vexa un administrador xa a borra. Ou se tes présa podes pedir que se borre no taboleiro dos administradores. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de outubro de 2017 ás 16:33 (UTC)

Deixa de xogar[editar a fonte]

Por favor AshSXXI, deixa de xogar coas páxinas de xestión da Galipedia, céntrate en mellorar e ampliar os artigos que xa é tarefa abondo. Con estas accións sen sentido estás a obrigar ós demais a revisar as túas edicións, co cal fas que perdan o tempo no canto de mellorar os contidos da Wikipedia. Se queres investigar cousas ou aprender outros detalles, consulta as páxinas de axuda, pero non cambies nada nesas páxinas de xestión ata que esteas seguro de que é preciso e realmente necesario facelo. E se tes dúbidas pregunta antes, estamos aquí para axudar, o que non estamos é para que nos fagan perder o tempo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de outubro de 2017 ás 19:57 (UTC)

Moi ben, espero que así sexa, se tes calquera dúbida podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de outubro de 2017 ás 20:56 (UTC)

RE:Problema de títulos[editar a fonte]

Aínda non, o problema principal é o título do artigo que non é correcto. Segundo Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos, os títulos das obras literarias que non teñan versión en galego teñen que poñerse na súa lingua orixinal. É dicir, habería que mover o artigo a Código Lyoko: La città senza nome, e indicar na cabeceira do artigo, por exemplo entre parénteses, a tradución do nome en galego. Podes ver un exemplo disto en La aldea gallega. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2017 ás 11:29 (UTC)

Moi ben, así estaba mellor, só un detalle, trabuqueime no título que che dixen, o título correcto era Code Lyoko: La città senza nome, xa o movín a ese nome. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2017 ás 22:37 (UTC)

RE: Portais[editar a fonte]

Ola AshSXXI. Non hai présa ningunha en facer iso coas imaxes, ademais o portal do que me falas é un portal que está co marcador "en uso" porque aínda está en período de desenvolvemento porque non teño aínda claras as seccións definitivas nin as cores (fundamentais para a imaxe do portal e polo tanto para o ficheiro que o ilustrará). Por favor, hai moito traballo que podes facer no proxecto mellorando a calidade e os contidos dos artigos, en lugar de andar nos portais, que aínda están en desenvolvemento. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de outubro de 2017 ás 21:46 (UTC)

RE:Referendo de autodeterminación de Cataluña[editar a fonte]

O referendo non se celebrou nos termos nos que estaba previsto, e no seu canto celebrouse esa consulta e eses foron os resultados, polo tanto penso que esa información é correcta no artigo. Se pensas que debería eliminarse podes comentalo na páxina de conversa do artigo para pedir a opinión doutros usuarios, ou tamén podes comentalo na taberna. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de outubro de 2017 ás 10:11 (UTC)

RE:Democracia Ourensana[editar a fonte]

Engadín algunha referencia que faltaba e amañei algunha que non referenciaba o que se dicía no artigo, bótalles un ollo para ver como queda, e agora eu creo que o marcador de referencias xa se pode quitar. O de curto de máis non porque realmente, aínda que a páxina pode parecer moi grande, realmente non ten gran cantidade de contido, tan só ten unha frase, o resto é unha táboa con datos e unha ficha. Precisaría algo de información sobre as ideas do partido ou algo sobre a súa historia. Pero xa vai collendo boa forma, parabéns! Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2017 ás 19:05 (UTC)

Imaxe(s) sen licenza e/ou orixe[editar a fonte]

Ola AshSXXI/Arquivo 1, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".

A orixe:

A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').

É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web teña copyright.

Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.

A licenza:

Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".

A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{Cc-by-sa-4.0}}). Tes unha relación de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo clic sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.

En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes?

¿Como incluír eses datos cando vas subir unha imaxe? No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon "Resumo". Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?
  • Accede á foto.
  • Unha vez que accediches, fai clic na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{Cc-by-sa-4.0}}
  • Garda a páxina

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.Banjo tell me 26 de outubro de 2017 ás 07:31 (UTC)

Suxestión/Petición[editar a fonte]

Ola, AshSXXI. Vexo que acabas de colocar o marcador de en uso na entrada de Cataluña. Precisamete por tratarse dun artigo de actualidade, o usuario Banjo protexeuno intres antes da túa edición, a fin de evitar edicións anónimas con posible vandalismos. Nesa mesma liña, creo que sería conveniente que retirases o marcador -pois implica que os demais non poidamos editar a entrada, por espazo de até un mes- e preferiblemente vaias engadindo aos poucos a información que creas que o artigo precisa. A maiores, ten en conta que a actualidade voa coma nunca e que polo tanto as referencias son volátiles e eventualmente contraditorias, co cal o meu consello é que procedas con moito tento. Un saúdo e a seguir. --Atobar (conversa comigo) 27 de outubro de 2017 ás 14:47 (UTC)

RE:Cataluña[editar a fonte]

Ola AshSXXI. O artigo está protexido de forma preventiva durante un mes para evitar vandalismos e guerras de edicións. A protección expira nun mes, para entón a situación debería estar o suficientemente clarificada como para que se poidan evitar ese tipo de conflitos de edición. Se queres modificar algo no artigo mentres dure a protección podes indicalo na conversa do propio artigo e calquera dos administradores procederá a realizar a edición correspondente. Banjo tell me 27 de outubro de 2017 ás 19:03 (UTC)

Rebaixouse a protección do artigo a editores autoconfirmados. Banjo tell me 27 de outubro de 2017 ás 19:42 (UTC)

RE:Cataluña no Festival de Eurovisión[editar a fonte]

Non cumpre os criterios de eliminación rápida. Se consideras que debe borrarse podes propoñer o seu borrado Banjo tell me 3 de novembro de 2017 ás 21:24 (UTC)

Proceso independentista catalán[editar a fonte]

Boas, o artigo Proceso independentista catalán, que creaches ti, foi marcado por varios problemas, cando teñas un momento a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de novembro de 2017 ás 14:04 (UTC)