Olaia Ledo Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Olaia Ledo Díaz
Olaia Ledo Díaz.jpg
Nacemento16 de xuño de 1981
 Corcubión
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]
Olaia Ledo na XV Asemblea Nacional do BNG no 2016.

Olaia Ledo Díaz,[1] nada en Corcubión[2][3] o 16 de xuño de 1981, é unha política galega do BNG,[4] organización na que milita desde nova.[Cómpre referencia]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Ciencias do Mar e especializada en Oceanografía do Medio pola Universidade de Vigo. É documentalista e guionista de Nós, Produtora Cinematográfica Galega.

Na súa etapa universitaria foi claustral e membro do Consello de Goberno da UVigo[5] representando os CAF, sindicato estudantil do que foi responsábel de mulleres no seu consello nacional. Foi membro da dirección nacional de Galiza Nova e candidata do BNG ás eleccións municipais 2015 en Narón e candidata ás eleccións do 2011 en Compostela.[4] En 2016 foi elixida membro da Executiva do BNG.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]