Saltar ao contido

Marca de Turín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reino de Italia na época de Lotario II.

O condado ou marca de Turín (tamén coñecida como marca de Susa ou marca Arduínica), foi un territorio vasalo do reino de Italia e do Sacro Imperio Romano, creada para administrar o baleiro de poder xurdido co fin da dominación anscárica xunto con outras marcas das casas orbertenga e aleramica. Foi fundada no ano 941 por Hugo de Arlés (rei de Italia). O monarca colocou no cargo de marqués a Arduíno o Calvo.

Este feudo, en principio denominado marca Arduínica, foi creado coa intención de cubrir o baleiro de poder existente no reino de Italia tras a desaparición da casa de Ivrea. A marca de Ivrea foi dividida en varias marcas que pasaron a mans de familias de orixe xermana (marca Arduinica, marca Aleramica e marca Obertenga, que pasaron a denominarse, respectivamente, marca de Susa-Turín, marca do Montferrato e marca de Xénova.

Durante este período, Arduíno combateu aos sarracenos que se instalaron no Val de Susa, anexándose estes territorios. No 962 Arduíno foi destituído do título de Marqués de Susa e Turín.

O marqués da casa arduínica máis importante foi Ulrico Manfredo II, que levou á marca á súa máxima extensión territorial e ao seu apoxeo político. A súa filla, Adelaida de Susa, casou con Otón de Savoia no ano 1046. Os fillos e netos de Adelaida cooperaron con Otón no goberno da marca, pero despois da súa morte no 1090, a autoridade condal paso a mans do bispo de Turín (1092), mentres que a propia cidade converteuse nunha comuna (1091). As terras e feudos da marca foron absorbidos pola casa de Savoia e engrosados no seu condado, do que Turín sería capital en séculos posteriores.

En 1076, o emperador Henrique IV, en oposición á nobreza local e a igrexa, nomeou o seu fillo Conrado margrave de Turín á idade de dous anos. Este poder nunca foi efectivo e o título foi puramente nominal, xa que se enfrontou ao seu pai e foi desherdado.

Marqueses

[editar | editar a fonte]