Comité Provisional da Duma Estatal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Comité provisional da Duma Estatal»)
Palacio Táuride, sede do Comité provisional da Duma Estatal, imaxe a principios do século XX.

O Comité provisional da Duma Estatal (en ruso: Временный Комитет Государственной Думы) foi un organismo especial de goberno establecido o 28 de febreiroxul./ 12 de marzo de 1917greg. por deputados da Cuarta Duma no estoupido da Revolución de febreiro en Rusia.

Composición[editar | editar a fonte]

Os seus membros foron: Mijail Rodzianko (presidente da Duma e presidente do Comité,[1] Outubrista), Vasili Shulguín, V.N. Lvov, I.I. Dmitryukov (Outubrista), S.I. Shidlovsky (Outubrista), M.A. Karaúlov (cosaco, comandante do Palacio Táuride), Aleksandr Kerenskii (Trudovik), Aleksandr Konoválov (Progresista), V.A. Rzhevsky (Progresista), A.A. Búblikov (Progresista), Pável Miliukov (Kadete), Nikolái Nekrásov (Kadete) e Nikolái Chjeidze (Menxevique, presidente do Sóviet de Petrogrado).

Historia[editar | editar a fonte]

Mijaíl Rodzianko, presidente da Duma rusa e do comité, tratou de soster ao tsar pero establecendo un goberno responsable ante o parlamento, sen logralo. As súas xestións cos mandos militares lograron evitar o intento de esmagar a revolución en Petrogrado ordenado polo emperador.

O goberno imperial, subestimando a súa debilidade, decidiu disolver a Duma até abril ante as protestas na capital.[2] Un grupo de deputados negouse a disolverse e formou un comité o 28 de febreiroxul./ 12 de marzo de 1917greg.[3] O Comité declarouse a si mesmo o órgano de goberno do Imperio Ruso, pero de facto competiu polo poder co Soviet de Petrogrado, o cal foi creado o mesmo día.[2]

Manifestación de soldados durante a Revolución de Febreiro. Os desexos do comité de devolver aos soldados aos cuarteis chocou coa actitude destes e do Soviet de Petrogrado.

O Comité adoptou pronto medidas para facerse co control do Estado: ordenou a detención dos ministros tsaristas e proclamou o seu control sobre a administración estatal.[3] Coa axuda de tropas rebeldes tomou o ministerio de Transportes, facéndose co control da coordinación das comunicacións e os ferrocarrís do país (29 de febreiroxul./ 13 de marzo de 1917greg.).[3] Desde alí comunicouse a todo o país o cambio de réxime, con grande impacto psicolóxico, especialmente importante entre os mandos militares na fronte, que cambiaron a súa actitude hostil á revolución ao decatarse de que o novo goberno formábao a Duma.[3] A comisión militar, dependente orixinalmente do Soviet, pasou a ser controlada, co beneplácito deste, polo Comité da Duma.[1]

Os intentos de volver á orde e desarmar ás tropas, con todo, fracasaron, supondo o primeiro desacordo grave entre o Comité e o Soviet e dando lugar pronto á "Orde número 1" que puña ás tropas revolucionarias baixo a autoridade do Soviet de Petrogrado.[1] Por outra banda, os seus intentos de deter a marcha das tropas do fronte á capital para esmagar a revolución, ordenada polo tsar, tiveron éxito.[4]

As primeiras accións moderadas, levadas a cabo principalmente por Rodzianko, para convencer ao tsar de nomear un novo goberno responsable ante o parlamento, fracasaron, pero convenceron aos mandos militares.[5] O 2 de marzoxul./ 15 de marzogreg. o comité, premido pola situación na capital, pasou a esixir a abdicación do tsar, a pesar das reticencias de Rodzianko.[6] A intención do Comité de manter a monarquía pasando a coroa ao irmán do tsar Miguel Romanov foi moi mal recibida na capital, onde Miliukov foi apupado ao anuncialo.[7] O rexeitamento do cetro por parte de Miguel decidiu a cuestión definitivamente, en contra dos desexos de Miliukov.[7]

O 2 de marzoxul./ 15 de marzo de 1917greg. o Comité e o Soviet de Petrogrado puxéronse de acordo en crear o Goberno Provisional.[8] Mentres que os dirixentes do Soviet desexaban a creación o máis pronto posible do goberno para evitar a posibilidade dunha contrarrevolución ou da radicalización das masas, o Comité desexaba utilizar o prestixio do Soviet para gañarse o apoio dos insurrectos, que non lograra por si mesmo.[9]

Moitos membros do Comité marcharon a prestar os seus servizos no Goberno Provisional, mentres o Comité continuou desempeñando un papel insignificante ata que a Cuarta Duma foi disolta o 6 de setembroxul./ 19 de setembro de 1917greg.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]