Comarcas de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Segundo o Estatuto de Autonomía de Asturias o Principado de Asturias divídese territorialmente en concellos e comarcas, estas últimas englobarían a varios concellos, con todo este precepto estatutario non se desenvolveu oficialmente aínda. Tan só o decreto 11/91 do 24 de xaneiro establece unha división en oito comarcas funcionais ou áreas de planificación territorial,[1] que non son estritamente comarcas oficiais, constitúen tan só un sistema para homoxenizar espacialmente os datos procedentes dos concellos nas estatísticas rexionais que realiza o principado.[2]

Mapa das comarcas de Asturias
Comarca Concellos
Avilés Avilés, Candamo, Castrillón, Corvera de Asturias, Cudillero, Gozón, Illas, Muros de Nalón, Pravia e Soto del Barco.
Caudal Aller, Lena e Mieres.
Eo-Navia Boal, Castropol, Coaña, Eilao, El Franco, Grandas de Salime, Navia, Pezós, San Martín de Ozcos, Santalla de Ozcos, Santiso de Abres, Tapia, Taramundi, Valdés, A Veiga, Vilanova de Ozcos e Villayón.
Nalón Caso, Langreo, Laviana, San Martín del Rey Aurelio e Sobrescobio.
Narcea Allande, Cangas del Narcea, Degaña, Ibias e Tineo.
Oriente Amieva, Cabrales, Cangas de Onís, Caravia, Colunga, Llanes, Onís, Parres, Peñamellera Alta, Peñamellera Baja, Piloña, Ponga, Ribadesella e Ribadedeva.
Oviedo Belmonte de Miranda, Bimenes, Cabranes, Grado, Llanera, Morcín, Nava, Noreña, Oviedo, Proaza, Quirós, Las Regueras, Ribera de Arriba, Riosa, Sariego, Santo Adriano, Salas, Siero, Somiedo, Teverga e Yernes y Tameza.
Xixón Carreño, Villaviciosa e Xixón.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]