Teleférico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teleférico en Yuzawa, Niigata (Xapón)

O teleférico é un sistema de transporte aéreo constituído por cabinas colgadas dunha serie de cables que se encargan de facer avanzar ás unidades a través das estacións. Emprégase para salvar grandes desniveis, sobre todo en montaña.[1] Cando as cabinas van por terra denomínase funicular.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para teleférico.