Pobo cheién

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cheién (pobo)")
Pobo cheién
Cheyenne-portraits.jpg
Fotos de cheiéns
Poboación
Poboación total:
Norte: 10 840[1]
Sur: 12 130[2]
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados Unidos) 22 970
Aspectos culturais
Lingua Lingua cheién e inglés
Relixión Relixión tradicional, cristianismo, outras
Grupos
relacionados
Arapaho e outros pobos algonquinos

Os cheién son unha nación de nativos norteamericanos que habitan as Grandes Chairas dos Estados Unidos. A nación cheién está composta por dúas tribos, os Sotaeo'o (sen unha tradución clara) e os Tsitsistas. O nome Cheién deriva dunha palabra en lingua sioux que significa 'Pequeno Cree'.

Historia[editar | editar a fonte]

Antes de seren internados en reservas, os Cheién eran aliados dos arapaho e os lakota (Sioux). A nación cheién comprendía dez bandas que se estendían por tódalas grandes pradeiras, dende o sur de Colorado ás Black Hills en Dakota do Sur. Cara a mediados do século XVIII as bandas comezaron a separarse, algunhas permaneceron preto das Black Hills, mentres que outras permaneceron cerca dos Platte Rivers do centro de Colorado.

Na actualidade, os cheién do norte viven ó sueste de Montana nunha reserva propia. Os cheién do sur, xunto cos arapaho do sur, viven no centro de Oklahoma. A súa poboación total combinada é duns 20.000.

Xefes famosos[editar | editar a fonte]

Idioma[editar | editar a fonte]

Tanto os cheién de Montana como os de Oklahoma falan a lingua cheién, cunhas poucas diferenzas no vocabulario entre as dúas comunidades. A lingua cheién forma parte da familia de linguas algonquinas, e é un dos poucos idiomas algonquinos das pradeiras que desenvolveu características tonais. Os idiomas máis próximos ó cheién son o arapaho e o ojibwa (Chippewa).

Poboado Cheyenne

Encontro dunha danza do sol cheién, c. 1909.

Encontro dunha danza do sol cheién, c. 1909.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Northern Cheyenne Tribe website". Consultado o 11 de novembro de 2013. 
  2. Oklahoma Indian Affairs. Oklahoma Indian Nations Pocket Pictorial Directory. 2008:7

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo cheién Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]