Black Hills

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Black Hills
Needles Highway 05.jpg
The Needles, Black Hills
Localización
Continente/sAmérica do Norte
País/esEstados Unidos de América Estados Unidos
Coordenadas43°59′N 103°45′O / 43.983, -103.750Coordenadas: 43°59′N 103°45′O / 43.983, -103.750
Datos
Cota2207 msnm
As Black Hills enfronte do Monte Rushmore.

As Black Hills (Moʼȯhta-voʼhonáaeva en lingua cheyenne, PaȞe Sápa en lingua lakota, Awaxaawi shiibisha en lingua hidatsa[1]) son un grupo de montañas do oeste de Dakota do Sur e o nordés de Wyoming (Estados Unidos). Ocupan preto de 15 540 km², atopándose entre os ríos Cheyenne e Belle Fourche, e elévanse a un máximo de 2207 m no pico Harney.

A pesar de que as Black Hills se pactaron como territorio pertencentes aos sioux, os Estados Unidos incumpriron o tratado de Fort Laramie, que eles mesmos redactaran, para quitarllo, o que provocou a Guerra de Black Hills en 1876 e 1877. Máis dun século despois, en 1980, a Corte Suprema dos Estados Unidos ditaminou que as Black Hills foron arrebatados ilegalmente e que debían de ser devoltas.[2]

Orixe etimolóxica[editar | editar a fonte]

O seu nome fai referencia á escura aparencia dos seus cumes redondeados debida á súa pendente cuberta de árbores que se enxerga dende a distancia.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Mina de ouro en Black Hills en 1889.

En 1743 as montañas foron exploradas por primeira vez por un europeo, o francés Pierre Gaultiers, sieur de Varennes, durante a última guerra entre Francia e as colonias británicas de América do Norte.

Os nativos americanos teñen unha longa historia nas Black Hills. Despois de conquistar Cheyenne en 1776, os lakota fixéronse cargo do territorio das Black Hills, que se converteu no centro da súa cultura. Aos indios síux foilles garantido un acordo de dereitos sobre a rexión en 1868.

Cando os estadounidenses descubriron ouro nesta rexión en 1874, como resultado diso, George Armstrong Custer comezou a expedición, os mineiros establecéronse na zona durante a febre do ouro e provocou a consecuente Guerra de Black Hills (1876), incluíndo a batalla de Little Big Horn. O goberno dos Estados Unidos, reasignou os lakota, en contra da súa vontade, a outras reservas no oeste de Dakota do Sur.

A diferenza do resto das Dakotas, as Black Hills foron colonizadas por estadounidenses de orixe europea, principalmente dos centros de poboación cara ao oeste e sur da rexión, xa que os mineiros se congregaron alí dende principios do auxe do ouro en Colorado e en Montana.

Hoxe en día, a poboación total das reservas próximas e da Base Aérea de Ellsworth crean unha diversidade única diferente da do resto de Wyoming e Dakota do Sur.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Lago de orixe glaciar nas Black Hills.

A xeoloxía das Black Hills é complexa. Un episodio ocorrido na era Terciaria foi o responsable da elevación e a topografía actual da rexión. Este levantamento caracterizouse pola actividade volcánica no norte das Black Hills.

As Black Hills do sur caracterízanse por granito precámbrico, pegmatita e as rochas metamórficas que conforman o núcleo de todo o levantamento da zona. Este núcleo está arrodeado por rochas sedimentarias do Paleozoico, o Mesozoico e o Cenozoico.

A estratigrafía das Black Hills preséntase como un obxectivo, xa que é unha cúpula ovalada, con aneis de diferentes tipos de rocha de inmersión do centro.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que coa xeoloxía, a bioloxía das Black Hills é complexa. A maior parte dos outeiros son un bosque de piñeiro ponderosa xunto cunha variedade da Picea glauca que se dan nos vales húmidos dos outeiros do norte. Curiosamente, esta variedade endémica de abeto non se dá nas húmidas montañas Bear Lodge, que conforman a maior parte da porción dos Black Hills en Wyoming. Os grandes prados de montaña con exuberantes pastos en lugar de bosques atópanse dispersos a través dos outeiros (especialmente a porción occidental) e o extremo sur dos outeiros, debido á menor cantidade de precipitación en comparación coas elevacións máis altas, que están cubertas por unha sabana seca de piñeiros, con arbustos de Cercocarpus e o Juniperus scopulorum. A fauna é moi diversa e abundante. Os regatos dos outeiros son coñecidos polas súas troitas, mentres que os bosques e as pradarías ofrecen un bo hábitat para o bisonte americano, o cervo virxiniano, Antilocapra americana, Ovis canadensis, pumas, e unha gran variedade de animais pequenos, como cans das pradarías, Martes americana, marmota e Sciurus niger. Bioloxicamente, as Black Hills son un lugar de encontro e mestura, con especies comúns ás rexións ao leste, oeste, norte e sur. Os outeiros, con todo, son fogar dalgúns taxons endémicos; o máis coñecido é probablemente o Junco hyemalis aikeni. Algunhas outras especies endémicas son o caracol de Cooper das Montañas Rochosas. Algunhas aves que só viven nas Black Hills e que non existen no resto de Dakota do Sur son Gymnorhinus cyanocephalus, Perisoreus canadensis, Picoides dorsalis, Cinclus mexicanus e Bonasa umbellus, entre outros.

Economía e turismo[editar | editar a fonte]

A economía das Black Hills desprazouse dos recursos naturais (minaría e madeira), a industria do aloxamento e o turismo creceu ata ocupar o seu lugar. Os puntos turísticos máis importantes son o monte Rushmore, Custer State Park, Monumento a Cabalo Tolo e o Rally de Motocicletas Sturgis.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hidatsa Lessons Vocab2". Hidatsa Language Program. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2013. Consultado o 2012-07-17. 
  2. United States v. Sioux Nation of Indians, 448 U.S. 371 (1980)
  3. "Black Hills National Forest — Frequently Asked Questions". United States Forest Service. 
  4. "2017 Sturgis Rally economic impact reportedly $738 million". KEVN TV. Gray Digital Media. 12 de outubro de 2017. Consultado o 14 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Zieske, Scott (primavera de 1985). "Fly Fishing in the Black Hills ca 1910" (PDF). The American Fly Fisher (Manchester, VT: American Museum of Fly Fishing) 12 (2): 22–25. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de setembro de 2015. Consultado o 2014-11-19. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]