Charlize Theron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Charlize Theron
Charlize-theron-IMG 6045.jpg
Theron no ano 2018.
Nome completoCharlize Theron
Nacemento7 de agosto de 1975 (46 anos)
LugarBenoni, Gauteng, Sudáfrica Suráfrica
NacionalidadeSuráfrica e Estados Unidos de América
Cónxuxe(s)Stuart Townsend (2000–2010; separados)
FillosJackson Theron e August Theron
ProfesiónActriz, produtora, directora, modelo
Na rede
http://www.charlizeafricaoutreach.org/
IMDB: nm0000234 Allocine: 12563 Rottentomatoes: celebrity/charlize_theron Allmovie: p216257 TCM: 339445 Metacritic: person/charlize-theron TV.com: people/charlize-theron
Twitter: CharlizeAfrica Instagram: charlizeafrica Youtube: UClH52vb8-pvnRi2hvpfp5Sw Dialnet: 3108617 iTunes: 202112599 Last fm: Charlize+Theron Musicbrainz: d50d2dbd-eaf7-4565-b8fe-71ad0b999793 Discogs: 2360635 Allmusic: mn0001336857 WikiTree: Theron-272 Genius: Charlize-theron Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Charlize Theron,[1] nada o 7 de agosto de 1975[2] en Benoni, Gauteng, Suráfrica é unha actriz, produtora e modelo surafricana[3] e estadounidense. É unha das actrices mellor pagadas do mundo, e ao longo da súa carreira recibiu varios galardóns, incluíndo un Premio Óscar, un Screen Actors Guild Award e un Globo de Ouro.[4][5][6] En 2016, a revista Time considerouna unha das 100 persoas máis influentes do mundo.

Theron acadou a fama internacional durante a década de 1990 en filmes como Pactar co demo (1997), Mighty Joe Young (1998) e As normas da casa da sidra (1999). Recibiu a aclamación da crítica intepretando a asasina en serie Aileen Wuornos en Monster (2003), o cal lle valeu un Oso de Prata e un Óscar á mellor actriz, converténdose na primeira surafricana en gañar un Óscar nunha categoría de interpretación. Recibiu outro nomeamento aos Óscar polo seu papel en North Country (2005).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Theron naceu en Benoni,[7] na antiga provincia surafricana de Transvaal e hoxe en día provincia de Gauteng. Filla única de Gerda Maritz[8] (tamén coñecida como Gerta)[9] e Charles Theron.[8] A súa nai posúe ascendencia alemá e o seu pai ascendencia francesa occitana e neerlandesa. A actriz é descendente dos primeiros colonos hugonotes e o seu tatara-tío foi Danie Theron,[10] quen tivo un papel importante na guerra anglo-bóer. Theron é un apelido occitano (orixinalmente escrito Théron) que se pronuncia en afrikaans como Tronn, malia que ela declarou en entrevistas que en Suráfrica o seu apelido pronúnciase como Thrown.[11] Cando se mudou aos Estados Unidos cambiou a pronunciación do seu apelido.

Aínda que fala inglés fluidamente, o seu idioma materno é o afrikaans.[12][13][14] Medrou na granxa dos seus pais en Benoni,[14] preto de Xohanesburgo. O seu pai morreu o 21 de xuño de 1991, despois de que a súa nai lle disparase. Charles Theron, quen era alcohólico, atacou fisicamente á súa nai e ameazou a ambas mulleres mentres estaba baixo os efectos do alcohol.[15] O xurado declarou que o homicidio foi en defensa propia e a súa nai foi absuelta de todos os cargos.[16][17]

Theron asistiu á escola primaria Putfontein (Laerskool Putfontein) e segundo as súas declaracións aqueles anos foron un período no que tivo problemas de integración.

Adoitaba usar lentes de nerd porque non podía ver e non gustaba aos rapaces. [...] Non tiña mozos, mais si moitos namoramentos [...] Non estaba no grupo dos populares. Na escola había unha rapaza moi popular e estaba obsesionada con ela [...] Unha vez chorei porque non puiden sentar xunto a ela [...] De feito recibín moita antipatía das rapazas malas entre os 7 e os 11 anos. Máis ou menos era un desastre na escola primaria. Cando ingresei na secundaria logrei sacar todo do meu sistema e era máis inmune a ese tipo de cousas.[18]

Aos trece anos foi enviada a un internado e iniciou os seus estudos na National School of the Arts en Xohanesburgo.[19]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filmes
Ano Título Papel Notas
1995 Children of the Corn III: Urban Harvest Muller xove Sen acreditar
1996 2 Days in the Valley Helga Svelgen
1996 That Thing You Do! Tina Powers
1997 Hollywood Confidential Sally Telefilme
1997 Trial and Error Billie Tyler
1997 Pactar co demo Mary Ann Lomax
1998 Celebrity Supermodelo
1998 Mighty Joe Young Jill Young
1999 The Astronaut's Wife Jillian Armacost
1999 As normas da casa da sidra Candy Kendall
2000 Reindeer Games Ashley Mercer
2000 The Yards Erica Stoltz
2000 The Legend of Bagger Vance Adele Invergordon
2000 Men of Honor Gwen Sunday
2001 Sweet November Sara Deever
2001 The Curse of the Jade Scorpion Laura Kensington
2001 15 Minutes Rose Heam
2002 Trapped Karen Jennings
2002 Waking Up in Reno Candy Kirkendall
2003 The Italian Job Stella Bridger
2003 Monster Aileen Wuornos
2004 The Life and Death of Peter Sellers Britt Ekland
2004 Head in the Clouds Gilda Bessé
2005 North Country Josey Aimes
2005 Æon Flux Æon Flux
2007 In the Valley of Elah Detective Emily Sanders
2008 Sleepwalking Joleen Tamén produtora
2008 Hancock Mary Embrey
2008 Battle in Seattle Ella
2009 The Burning Plain Sylvia
2009 The Road A esposa
2009 Astro Boy Narradora
2011 Young Adult Mavis Gary
2012 Snow White and the Huntsman Raíña (Branca Neves)
2012 Prometheus Meredith Vickers

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Charlize Theron pronounces her name and surname in English. 7 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 18 de abril de 2017 – vía YouTube. 
  2. "Monitor". Entertainment Weekly (1271). 9 de agosto de 2013. p. 22. 
  3. Farber, Tanya. "Charlize defends her 'unique' American accent". IOL News. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2013. Consultado o 28 de febreiro de 2013. I am a South African. 
  4. "Nominee Profile 2020: Charlize Theron, “Bombshell”". www.goldenglobes.com (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2022. 
  5. "Charlize Theron’s film wins a Screen Actors Guild award on the road to the Oscars". TimesLIVE (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2022. 
  6. "Charlize Theron Awards". IMDb. Consultado o 27 de abril de 2022. 
  7. Ayuso, Rocío (febreiro de 2008). "Charlize Theron, más que guapa". El País. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  8. 8,0 8,1 Karsten (2009), páx. 16
  9. Karsten (2009), páx. 18.
  10. Karsten (2009), páx. 14.
  11. "Charlize Theron Interview" (en inglés). AClassCelebs.com. setembro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2006. Consultado o 29 de decembro de 2011. 
  12. "Charlize Theron - Charlize Keeps Her Afrikaan Roots" (en inglés). Contactmusic.com. setembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2011. 
  13. "Charlize Theron" (en inglés). People. Consultado o 30 de decembro de 2011. 
  14. 14,0 14,1 Thomson, David (agosto de 2006). "Charlize Theron: Falling angel" (en inglés). The Independent. Consultado o 30 de decembro de 2011. 
  15. Sewards, Lisa (marzo de 2009). "Charlize Theron: I stole bread to get my big break" (en inglés). Daily Mail. Consultado o 30 de decembro de 2011. 
  16. Morrison, Mark (decembro de 2011). "The amazing, low-key life of Charlize Theron" (en inglés). USA Today. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2011. 
  17. Collins, David (decembro de 2011). "Charlize Theron opens her heart about single life" (en inglés). Mirror. Consultado o 30 de decembro de 2011. 
  18. Chi, Paul (27 de novembro de 2011). "Charlize Theron: I Was Teased By Mean Girls in High School" (en inglés). People. Consultado o 30 de decembro de 2011. 
  19. Bellan, Lucile (maio de 2008). "Charlize Theron: Portrait" (en francés). Ecranlarge. Consultado o 30 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]