Saltar ao contido

The Road (filme de 2009)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Road
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Road
DirectorJohn Hillcoat
ProdutorNick Wechsler
Steve Schwartz
Paula Mae Schwartz
GuiónJoe Penhall
Baseado enA estrada de Cormac McCarthy
IntérpretesViggo Mortensen
Kodi Smit-McPhee
Charlize Theron
Robert Duvall
Guy Pearce
Molly Parker
Michael K. Williams
Garret Dillahunt
MúsicaNick Cave
Warren Ellis
FotografíaJavier Aguirresarobe
MontaxeJon Gregory
Estudio2929 Entertainment
DistribuidoraDimension Films
The Weinstein Company
Estrea25 de novembro de 2009
Duración119 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFicción científica
Orzamento$25 000 000[1]
Recadación$27 635 305
Na rede
IMDB: tt0898367 Filmaffinity: 623008 Allocine: 127661 Rottentomatoes: m/the_road_2009 Mojo: road08 Allmovie: v417956 Metacritic: movie/the-road TV.com: movies/the-road-2009 Netlix: 70105135 Editar o valor en Wikidata

The Road é un filme dirixido por John Hillcoat e escrito por Joe Penhall. Baséase na novela homónima de Cormac McCarthy publicada no 2006. Está protagonizado por Viggo Mortensen e Kodi Smit-McPhee como un pai e o seu fillo nun páramo postapocalíptico. A rodaxe realizouse en Pensilvania, Luisiana e Oregón. Foi estreado o 25 de novembro de 2009 nos cines dos Estados Unidos, e o 4 de xaneiro de 2010 nos do Reino Unido.[2][3]

Un home sen nome e o seu fillo loitan pola supervivencia despois dunha catástrofe apocalíptica (cuxa orixe está sen determinar) que deixou o planeta Terra nun deserto invernal de natureza morta. Durante a súa viaxe cara ao sur da costa americana buscan alimentos, refuxio e calquera cousa de utilidade, evitando constantemente ós bandidos e caníbales que acosan ós superviventes. Durante todo o filme, o pai tenta ensinarlle valores morais ó seu fillo, e como sobrevivir e manter o xuízo nun mundo cunha sociedade sen unións nin esperanza.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

No filme, ningún dos personaxes ten nome, e nos créditos, simplemente aparece o seu papel no canto do nome.[4]

  • Viggo Mortensen como Home: Mortensen describiu a interacción do pai co fillo como: "Eles están neste difícil viaxe, e basicamente, é o pai o que aprende do fillo.[5]
  • Kodi Smit-McPhee como Rapaz: No Festival de Cine de Londres, Mortensen explicou que Smit-McPhee foi un dos catro finalistas para o papel. Smit-McPhee foi escollido de xeito unánime, en particular porque semellaba ser novo, inocente e sabio os seus poucos anos[6]
  • Charlize Theron como Muller, a esposa do Home (aparece nos saltos de tempo cara a atrás): Theron era unha fan do libro e xa traballara co produtor Nick Wechsler no filme The Yards (2000).[7] A muller ten un papel meirande no filme ca no libro.[8]
  • Robert Duvall como Home vello (di chamarse Ely; o único nome propio dun personaxe do filme)
  • Guy Pearce como Veterano, home que vaga coa súa familia
  • Molly Parker como Muller maternal, esposa do veterano
  • Michael Kenneth Williams como Ladrón
  • Garret Dillahunt como Membro da banda

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  1. BoxOfficeMojo
  2. "NME". NME. 11 de novembro de 2009. Consultado o 4 de febreiro de 2010. 
  3. "'The Road' Delayed... Yet Again". Screen Rant. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2009. Consultado o 10 de setembro de 2009. 
  4. Dreadcentral.com (ed.). "A New Poster for The Road". Consultado o 4 de febreiro de 2010. 
  5. McGrath, Charles (27 de maio de 2008). "At World's End, Honing a Father-Son Dynamic". The New York Times. Consultado o 27 de maio de 2008. 
  6. "'Road' actor finding celebrity at a young age". Toronto Sun. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2010. Consultado o 31 de marzo de 2010. 
  7. Siegel, Tatiana (14 de xaneiro de 2008). "Charlize Theron hits The Road". Variety. Consultado o 27 de maio de 2008. 
  8. "First Look: 'The Road'". USA Today. Consultado o 7 de agosto de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]