Charles Berlitz
Charles Berlitz | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 22 de novembro de 1914 |
Nova York | |
Falecemento | 18 de decembro de 2003 |
Tamarac | |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade Yale |
Ocupación | lingüista, ufólogo, escritor e guionista |
Nai | Millicent Daisy Frambach |
Cónxuxe | Valerie Seary |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Charles Frambach Berlitz, nado en Nova York o 20 de novembro de 1914 e finado en Tamarac, Florida, o 18 de decembro de 2003, foi un escritor estadounidense coñecido polas súas obras sobre fenómenos paranormais, aínda que tamén escribiu sobre ensino de linguas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu libro máis famoso é The Bermuda Triangle, do que vendeu uns vinte millóns de exemplares.
Era neto do fundador das academias de ensino de linguas Berlitz Language Schools. El mesmo foi un gran políglota que falaba trinta e dúas linguas. Graduouse magna cum laude na Universidade Yale e estivo trece anos no exército dos Estados Unidos, principalmente na póla de espionaxe. Logo traballou na empresa da familia, onde foi autor de libros con frases para turistas. Tamén participou na redacción de cursos de linguaxe gravados en cintas e discos.
A finais dos anos sesenta vendeu a súa compañía á firma Crowell, Collier & Macmillan.
Obra[editar | editar a fonte]
- The Mystery of Atlantis (1969)
- Mysteries from Forgotten Worlds (1972)
- The Bermuda Triangle (1974), ISBN 0-285-63326-0
- Without a Trace (1977)
- The Philadelphia Experiment - Project Invisibility (1979)
- The Roswell Incident (1980)
- Doomsday 1999 A.D. (1981) ISBN 0-586-05543-6.
- Native Tongues (1982)
- Atlantis - The Eight Continent (G. P. Putnams Sons., Nova York, 1984)
- Atlantis: the lost continent revealed, Macmillan, Londres, 1984
- The Lost Ship of Noah: In Search of the Ark at Ararat (1987)
- The Dragon's Triangle (1989)
- World of Strange Phenomena (Little Brown & Company, Nova York, 1995)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Berlitz ![]() |