Chamaecyparis taiwanensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Chamaecyparis taiwanensis
Falso ciprés de Taiwán
Camecíparis de Taiwán
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Cupressaceae
Subfamilia: Cupressoideae
Xénero: Chamaecyparis
Especie: C. taiwanensis
Nome binomial
Chamaecyparis taiwanensis
Masam. & Suzuki, 1933
Sinonimia
  • Véxase o texto

Chamaecyparis taiwanensis é unha especie de conífera da familia das cupresáceas (Cupressaceae), subfamilia das cupresoideas (Cupressoideae), unha das seis incluídas no xénero Chamaecyparis.

Coñecida como 台湾扁柏 en chinés simplificado e como 臺灣扁柏 en chinés tradicional (en pinyin, tái wān biǎn bǎi), é unha árbore endémica das montañas de Taiwán, onde crece en altitudes de 1 300 a 2 800 m.

Características[editar | editar a fonte]

Chamaecyparis taiwanensis é unha conífera de crecemento lento, que pode medrar até os 40 m de altura, cun tronco de até 2 m de diámetro.
A casca do tronco é de cor café vermellada, aparece fisurada verticalmente e ten unha textura fibrosa.
A follaxe está agrupada en ramiñas planas; nos adultos as follas son escuamiformes, de 0,8 a 1,5 mm de longo, con puntas agudas (a diferenza das puntas romas das follas da especie xaponesa estreitamente emparentada Chamaecyparis obtusa, e son verdes pola face, e tamén verde polo envés, pero presentando unha banda de estomas branca na base de cada folla; están dispostos en pares opostos en forma de X nos brotes.
As follas dos espécimes xuvenís, encontradas en plantas de semilleiro novas, son como agullas de 4 a 8 mm de longo.
Os conos son menores que os de C. obtusa, de 7 a 9 mm de diámetro e de forma globosa, con de 6 a 10 escamas dispostas en pares opostos.
As froitos maduran en outono, a uns 7 ou 8 meses despois da polinización.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1933 polo botánico xaponés Genkei Masamune, residente en Taiwán desde a Segunda Guerra Mundial, e polo tamén botánico xaponés Sigeyosi Suzuki, nun traballo publicado na páxina 57 d número 4 da revista Sylvia.[2][3] Silvia é como se coñece a revista Forest Club Sylvia of the School of Forestry, da Taihoky Imperial University. Taihoku (Taipei).

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Chamaecyparis.

O epíteto específico, taiwanensis, alude á illa onde a especie é endémica.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñéces tamén polos seguintes sinónimos:[4]

  • Chamaecyparis obtusa f. formosana Hayata
  • Chamaecyparis obtusa var. formosana (Hayata) Hayata
  • Cupressus obtusa subsp. formosana (Hayata) Silba
  • Retinispora taiwanensis (Masam. & Suzuki) A.V.Bobrov & Melikyan

Especie semellante[editar | editar a fonte]

O falso ciprés xaponés hinoki que se encontra en Taiwán, é tratado pola maioría dos botánicos como unha variedade, a formosana, da especie Chamaecyparis obtusa. Pero outros considérano como variedade dunha especie distinta, a Chamaecyparis taiwanensis (sustentada polos botánicos taiwaneses,[5][6] e aceptada pola xenaralidade da comunidade científica). Esta difire, entre outros aspectos, en que ten conos menores (de 6 a 9 mm de diámetro) con escamas máis pequenas e as follas cun ápice moito máis agudo (non obtuso).[1] [7] Ademais ambas as taxa difiren nos seus requirimentos ecolóxicos, xa que C. obtusa medra sobre todo en sitios secos, mentres que C. taiwanensis ocupa solos húmidos, en lugares con abundantes chuvias e necesita un aire así mesmo húmido.[1]

Posíbeis nomes galegos[editar | editar a fonte]

Segundo as normas para a nomenclatura en linguas vulgares das especies vexetais, que aconsellan dar nomes diferentes ás especies de xéneros distintos, uns posíbeis nomes galegos para esta especie poderían ser falso ciprés de Taiwán ou camecíparis de Taiwán.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Farjon 2005.
  2. Chamaecyparis taiwanensis Masam. & Suzuki no IPNI.
  3. Chamaecyparis taiwanensis Masam. & Suzuki en GRIN.
  4. Chamaecyparis taiwanensis Masam. & Suzuki Arquivado 01 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. na GBIF.
  5. Hwang, S.-Y.; Lin, H.-W.; Kuo, Y. S. & Lin, T. P. (2001): "RAPD variation in relation to population differentiation of Chamaecyparis formosensis and Chamaecyparis taiwanensis". Bot. Bull. Acad. Sinica 42: 173-179
  6. Hwang, L.-H.; Hwang, S.-Y. & Lin, T.-P. (2000): "Low Chloroplast DNA Variation and Population Differentiation of Chamaecyparis formosensis and Chamaecyparis taiwanensis. Taiwan J. Forest Sci..
  7. Rushforth 1987.
  8. Mitchell 1979, p. 76.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]