Envés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Follas de álamo (Populus alba). Neste caso, como en outros moitos, distínguese o envés porque é máis claro que a face.

En botánica chámase envés[1] ou revés á cara inferior da lámina ou limbo da folla dunha planta. A epiderme do envés tende a ser diferente á da face ou cara superior; case sempre presenta unha cutícula máis fina, maior densidade de estomas e, frecuentemente tamén, maior abundancia de tricoma (pelos epidérmicos). Case sempre é de cor máis clara ca a face.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para envés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]