Saltar ao contido

Montserrat Roig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMontserrat Roig

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Montserrat Roig i Fransitorra Editar o valor en Wikidata
13 de xuño de 1946 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de novembro de 1991 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de mama Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCamposanto de Montjuïc, via de Sant Francesc 9, columbari B, núm. 12.520 41°21′25″N 2°09′31″L / 41.356824, 2.158545 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritora, directora de programa Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJoaquim Sempere Editar o valor en Wikidata
PaisTomàs Roig i Llop Editar o valor en Wikidata  e Albina Fransitorra Aleñà Editar o valor en Wikidata
IrmánsGlòria Roig i Fransitorra
Maria Isabel Roig i Fransitorra Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Metzler Autorinnen Lexikon (en) Traducir, (p.458–460) >>>:Roig, Montserrat
Nou diccionari de la literatura catalana Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0737654 BNE: XX1081752 Find a Grave: 10864287 Editar o valor en Wikidata

Montserrat Roig i Fransitorra, nada en Barcelona o 13 de xuño de 1946 e finada o 10 de novembro de 1991, foi unha escritora en catalán de novelas, contos, reportaxes e artigos xornalísticos. Presentou e dirixiu diversos programas de televisión, medio no que destacou como entrevistadora de escritores de xeracións precedentes.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Placa nos xardíns de Montserrat Roig en Barcelona.

Naceu o 13 de xuño de 1946 en Barcelona, no seo dunha familia burguesa liberal da dereita do Eixample . O seu pai, Tomàs Roig i Llop, foi avogado e escritor.

Desde ben nova participou nos movementos de protesta estudantís que se facían nos derradeiros tempos do franquismo en Barcelona. No ano 1968 licenciouse en filosofía e letras, e doutorouse en 1970. Foi tamén lectora de castelán en Bristol o curso 1972-1973. A partir do 1971 –ano no que gaña o premi Víctor Català coa compilación de relatos Molta roba i poc sabó... i tan neta que la volen– dedícase profesionalmente á literatura; inicia un ciclo novelístico que comprende obras como Ramona adéu (1972), que retrata tres xeracións de mulleres, avoa, nai e filla que viven as súas historias persoais coa profundidade dos momentos claves da historia do seu país, ou El temps de les cireres (1977), obra protagonizada polos mesmos personaxes coa que Roig obtén o premi Sant Jordi de novel·la de 1976.

Tamén destaca o seu traballo como xornalista, desde o que manifesta a súa vontade por construír unha tradición de xornalismo culto, feminista e coa vontade de recuperar a memoria histórica do seu país. Roig conseguiu unha gran popularidade coas entrevistas, que posteriormente publica na serie de libros coñecida como Retrats paral·lels (1975 i 1976). Outra obra de grande eco foi Els catalans als camps nazis (1977), premi Crítica Serra d'Or e documento excepcional de testemuño. No 1977 entra como xornalista na canle catalá de Televisión Española, onde realiza un programa de entrevistas, Personatges, que tamén dá nome a unha serie de dous libros nos que publica as conversas.

L'hora violeta (1980) é a novela que culmina o seu posicionamento feminista. A partir de aquí, as súas novelas collen un cariz diferente: máis tarde publica L'òpera quotidiana (1982), La veu melodiosa (1987) e a compilación de contos El cant de la joventut (1989). De entre as súas obras máis premiadas tamén destacan L'agulla daurada (premi Nacional de Literatura Catalana de 1985), escrito a partir dunha estadía de dous meses da autora en Leningrado e que testemuña o asedio que sufriu a cidade por parte dos nazis durante a segunda guerra mundial. A súa derradeira publicación é Digues que m'estimes encara que sigui mentida (1991), na que a autora confire unha poética persoal a modo de testamento literario.

Montserrat Roig foi membro da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana e vicepresidenta da Junta Territorial del Principat de Catalunya (1989-1990). Morreu en Barcelona no ano 1991, vítima dun cancro de mama.

Pensamento feminista

[editar | editar a fonte]

Montserrat Roig declárase feminista e reflexiona amplamente sobre o tema tanto na súa obra xornalística e ensaísta como na ficción, consciente da necesidade de achegar a teoría liberadora que propón o movemento ás necesidades de miles de mulleres anónimas silenciadas pola historia oficial. A autora interrógase sobre o que o feminismo ten de ideoloxía, de utopía e por tanto de desencanto: non se trata dunha ancoraxe estática, un corpus ideolóxico sen gretas, senón en continua renovación e desde unha perspectiva implacablemente crítica sinala M. Àngels Francés Diez especialista na obra de Roig.​[1]

Montserrat Roig acudiu ás Primeiras Xornadas Feministas de Cataluña en calidade de oínte segundo Teresa Pàmies, e interveu nas conclusións como "feminista independente" defendendo o feito nacional catalán e o respecto que as mulleres inmigrantes lle teñen a pesar de que non falan a lingua. Lembrou tamén que as mulleres catalás son dobremente explotadas, como mulleres e como catalás.[1]

Na súa crítica á sociedade patriarcal incluía os homes de esquerda: "Eu creo que o papel do home militante de esquerdas é en primeiro lugar asumir o seu papel de opresor nesta sociedade; en segundo lugar, deixar de lado o paternalismo, deixar de dar leccións e de ter unha actitude despectiva como a de a ver que faremos as mulleres coa nosa loita, coa nosa reflexión, cos nosos croques contra a parede" destaca Josep Massot no artigo "La escritora progre" escrito no que sería o seu 70 aniversario.[2]

  • Molta roba i poc sabó... i tan neta que la volen, 1970.
  • Ramona, adéu, 1972.
  • El temps de les cireres, 1977.
  • Els catalans als camps nazis, 1977.
  • L'hora violeta, 1980.
  • ¿Tiempo de mujer?, 1980.
  • L'Òpera quotidiana, 1982.
  • L'agulla daurada, premi Nacional de Literatura Catalana (1986), 1985.
  • La veu melodiosa, 1987.
  • El cant de la joventut, 1989.
  • Reivindicació de la senyora Clito Mestres (teatro), 1990.
  • Digues que m'estimes encara que sigui mentida, 1991.
  1. 1,0 1,1 Mª Àngels Francés Díez. ""La llengua sóc jo": Identitat nacional i de gènere en Montserrat Roig" (PDF) (en catalán). Anuari de l’agrupació borrianenca de cultura, XX. p. 51-53. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de agosto de 2016. Consultado o 19 de xuño de 2016. 
  2. Josep Massot. "La escritora progre". La Vanguardia. Consultado o 19 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]