Cayetana Guillén Cuervo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cayetana Guillén Cuervo
Cayetana Guillén Cuervo at Premios Goya 2017.jpg
Cayetana Guillén Cuervo en 2017.
Nome completoCayetana Guillén Cuervo
Nacemento13 de xuño de 1969 (50 anos)
LugarMadrid, España
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade Complutense de Madrid
PaiFernando Guillén
NaiGemma Cuervo
Cónxuxe(s)Omar Ayyashi Ramiro
Fillos1
ProfesiónActriz, xornalista e presentadora
www.cayetanaguillencuervo.com
editar datos en Wikidata ]

Cayetana Guillén Cuervo, nada en Madrid o 13 de xuño de 1969, é unha actriz, xornalista e presentadora de televisión española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É a filla máis nova dos actores Fernando Guillén e Gemma Cuervo, ten dous irmáns, Natalia e o tamén actor Fernando Guillén Cuervo. É licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente está casada co fotógrafo Omar Ayyashi Ramiro (español de orixe palestina), co que ten un fillo chamado Leo.[1]

Vida profesional[editar | editar a fonte]

Os seus inicios profesionais sitúanse na segunda metade da década de 1980, tanto no ámbito da televisión como do teatro. Na pequena pantalla debutou en 1986 cun pequeno papel secundario na serie Segunda enseñanza, escrita por Ana Diosdado e dirixida por Pedro Masó.[2] Sobe por primeira vez a un escenario profesional un ano máis tarde no madrileño teatro Alcázar para representar Coqueluche, de Roberto Romeu, protagonizada por Mercedes Alonso.[3] Nos seguintes anos compaxina a súa actividade no teatro con aparicións esporádicas en televisión, e debutou finalmente no cine en 1989 ás ordes de Imanol Uribe en La luna negra.

Xa na década de 1990, actuou en dúas obras da compañía Strion, de Aitana Sánchez-Gijón: xunta Aitana e o seu irmán Fernando en Entre bobos anda el fuego (1991) e con Manuel de Blas, en Thriller imposible (1992). Logo pasa ás ordes de Adolfo Marsillach na Compañía nacional de teatro clásico, na que interpretou obras de Miguel de Cervantes (La gran sultana, 1993) e Lope de Vega (Fuenteovejuna, 1993).

Na segunda metade da década abandonou o traballo no teatro, o que coincidiu coa estrea dos seus maiores éxitos no cinema. Participou en Todo sobre mi madre, de Pedro Almodóvar; Más que amor, frenesí, de Alfonso Albacete e sobre todo protagonizou dous dos máis importantes títulos da filmografía de José Luis Garci: La herida luminosa (1997), co seu pai, e El abuelo (1998), con Fernando Fernán Gómez de protagonista. Esta película foi nomeada ó Premio Óscar e Cayetana recibiu unha nomeamento ó Premio Goya á mellor actriz protagonista.

En 1998 estréase na súa faceta de presentadora de televisión, labor que mantería ininterrompidamente, polo menos os seguintes 15 anos, sempre na cadea La 2, de Televisión Española, e en espazos culturais ou especificamente enfocados á sétima arte. Desde esa data está á fronte do programa Versión española, con proxección dunha película española e posterior entrevista con membros do equipo artístico e técnico.[4] Outros programas inclúen D-Cale (2006), Días de cine (2008-2011) e Atención obras (2013- ), sobre as novidades teatrais.

Nas décadas de 2000 e 2010 mantén unha presenza habitual tanto en cine como en teatro e televisión, neste último caso, compaxinando labores de actriz e de presentadora.

Desde a segunda metade da década de 2000 é, ademais, columnista do diario El Mundo.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Películas[editar | editar a fonte]

Ano Película Personaxe
1989 La luna negra Enfermeira
1991 Don Juan en los infiernos Rapaza Rio
El amor sí tiene cura Teresa
1992 La marrana Putilla
Un paraguas para tres Dependenta
Amo tu cama rica Lola
1995 Historias del Kronen Irmá de Carlos
Los hombres siempre mienten Cristina
1996 Más que amor, frenesí Mónica
Corsarios del chip Vicky
1997 Hazlo por mí Victoria
La herida luminosa Sor María
1998 El abuelo Dona Lucrecia Richmond
Atómica Isabel Velasco
1999 Sí, quiero... Candela
Todo sobre mi madre Mamen
2002 Fumata Blanca Ana Caligaro
2004 La mirada violeta Violeta
Amor idiota Sandra
Las huellas que devuelve el mar Laura
2012 Una pistola en cada mano Sara

Series de televisión[editar | editar a fonte]

Ano Serie Personaxe Cadea Notas
1986 Segunda enseñanza Brigitte TVE 1 episodio
1994 Historias de la puta mili Filla do Coronel Telecinco 13 episodios
Colegio Mayor Julia Torres Telemadrid 14 episodios
La mujer de tu vida 2 Paula/Susana TVE 2 episodios
1996 Yo, una mujer Paula Antena 3 13 episodios
2000 Raquel busca su sitio Quela TVE 25 episodios
2005 Lobos Carmen Lobo Antena 3 9 episodios
2009 - 2010 Amar en tiempos revueltos Estela del Val TVE 82 episodios
2015 - presente El Ministerio del Tiempo Irene Larra TVE ¿? episodios

Programas de televisión[editar | editar a fonte]

Ano Programa Cadea Notas
1994 ¿Y quién es él? TVE Copresentadora
1994 - 1995 Hermida y Cía Antena 3 Colaboradora
1998 - presente Versión española La 2 e TVE Presentadora
2006 - 2007 D-Calle La 2 Presentadora
2007 El blog de Cayetana TVE Presentadora
2008 - 2011 Días de cine La 2 Presentadora
2013 - presente ¡Atención obras![5] La 2 Presentadora
2016 - presente Celebrity MasterChef La 1 Concursante

Teatro[editar | editar a fonte]

Ano Obra Autor Teatro
1987 Coqueluche Roberto Romero Teatro Alcázar
Rudens Plauto Teatro Romano de Mérida
1988 Séneca o el beneficio de la duda Antonio Gala Teatro Imperial, Madrid
Los ochenta son nuestros Ana Diosdado Teatro Infanta Isabel
1989 Una farola en el salón Santiago Paredes Teatro Infanta Isabel
1991 Entre bobos anda el juego Francisco de Rojas Zorrilla Lope de Vega (Sevilla)
1992 Thriller imposible Ángel García Suárez Centro Cultural de la Villa
1993 Fuenteovejuna Félix Lope de Vega CNTC
La Gran Sultana Miguel de Cervantes CNTC
2002 La prueba David Auburn Marquina (Madrid)
2010 Amar en tiempos revueltos presenta El diablo bajo la cama Josep María Benet Teatro Bellas Artes (Madrid)
2013 Fuegos Marguerite Yourcenar Festival de Mérida
2013 - 2014 El Malentendido Albert Camus Centro Dramático Nacional
2015 Hedda Gabler Henrik Ibsen Centro Dramático Nacional

Premios[editar | editar a fonte]

  • Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos á mellor actriz por O avó.[6]
  • Premio na Mostra de Cine de Valencia á mellor interpretación feminina por Hazlo por mí.
  • Premio Ercilla Revelación de Teatro por Entre bobos anda el juego.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]