Catro libros e cinco clásicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os Catro Libros e Cinco Clásicos (en chinés) son os libros canónicos do confucianismo.

Catro Libros[editar | editar a fonte]

Os Catro Libros (en chinés) son textos clásicos chinos que amosan os valores e crenzas do Confucianismo. Foran escollidos por Zhu Xi na dinastía Song para usarse coma unha introdución xeral ao Confucianismo. Nas dinastías Ming e Quing, compuxeron o tallo do currículo oficial para o exame Imperial.[1] Estes son:

  • Grande Aprendizaxe ('大學'): O prefacio de Zeng Zi sinálao como porta cara o aprendizaxe. Fala do goberno, de labrarse a un mesmo e da investigación das causas.
  • Doutrina do Medio ('中庸'): Amosa a utilidade do camiño dourado para acadar a virtude perfecta. O Camiño (道) é unha lei prescrita por mandato do ceo, non só para o rexente, senón para tódalas cousas. Ser de acordo coas leis milenarias a través da aprendizaxe e do ensino levará a virtude. Posto que o Ceo lexislou o xeito de acadar a virtude, tan só cómpre seguir os pasos dos devanceiros virtuosos.
  • Analectos (論語): Feixe de conversas entre Confucio e os seus discípulos. Describe a vida cotiá de Confucio.
  • Mengzi (孟子): Colección de conversas do académico Mencio con reis do seu tempo. Mencio dicía que os homes nacían cun senso moral innato, pero a sociedade botábao a perder ao non houber influencias positivas. Polo cal, o obxectivo da labranza moral é retornar á moral nada. Tamén contiña a lealdade de depor ós rexentes crueis ou que ignoren as necesidades do seu pobo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gardner, traducido e editado, The Four Books.