Saltar ao contido

Yuejing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yuejing (樂經)
Autor/aAnónimo
OrixeChina
LinguaChinés clásico
Xénero(s)Ensaio (literatura)
editar datos en Wikidata ]

O Yuejing ou Clásico da música (chinés tradicional: 樂經; chinés simplificado: 乐经; pinyin: Yuèjīng; Wade-Giles: Yüeh4-ching1) foi un dos libros clásicos do confucianismo, perdido contra a dinastía Han. Foi considerado coma o "Sexto Clásico" por autores coma Sima Qian, e pénsase que tería sido importante nas interpretacións tradicionais do Shijing 詩經 ou Clásico da poesía.[1][2]

Sobreviven trazas da obra noutros textos, coma o Zuo zhuan 左傳 ou Os anais de Zuo, o Zhou li 周禮 ou Os ritos dos Zhou, e no Yueji 樂記 ("Rexistro da Música"), décimo noveno volume do Liji 禮記 ou Clásico dos Ritos. Segundo o Han shu 漢書 ("Libro dos Han"), o músico Dou Gong 竇公, do reino de Wei, entregou unha copia do Yuejing ao emperador Wen dos Han.

O erudito da dinastía Qing Shao Yichen 邵懿辰 (1810-1861) propuxo a hipótese de que o libro nunca existiu. Esta tese foi recuperada recentemente por algúns estudosos contemporáneos, como Luke Waring.[3] Porén, a versión máis aceptada é que todas as copias se destruiron durante a queima dos libros e o enterramento dos eruditos promovida polo emperador Qin Shihuang, tal e como se recolle na historia dinástica dos Song.[4] A poética de Liu Xie 劉勰 (465-522), o Wenxin diaolong 文心雕龍, comparte a mesma idea.[4]

  1. Records of the Historian: Chapters from the Shih Chi of Ssu-Ma Ch’Ien (en inglés). Columbia University Press. 1969. ISBN 978-0-231-89116-5. 
  2. "The Shih Ching or Book of Poetry". Wayback Machine. Arquivado dende o orixinal o 09-09-2005. Consultado o 14-02-2024. 
  3. Waring, Luke (2022-09). "Who said there was a Classic of Music?". Early China (en inglés) 45: 467–514. ISSN 0362-5028. doi:10.1017/eac.2022.3. 
  4. 4,0 4,1 Theobald, Ulrich. "Yuejing 樂經 (www.chinaknowledge.de)". www.chinaknowledge.de (en inglés). Consultado o 2024-02-14. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]