Saltar ao contido

Castro de Xanceda

Castro de Xanceda
Xanceda Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

O Castro de Xanceda é un poboado castrexo situado no lugar do Castro na parroquia de Xanceda (Mesía).

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

O xacemento componse de dous recintos: un castro e o seu antecastro. O antecastro non está completamente definido. Tanto no castro como no antecastro o sistema defensivo, son de terraplén con parapetos. As entradas do castro e o antecastro están orientadas en dirección L-NL e aprécianse vestixios de foxos. O interior do recinto principal, en dirección norte-sur, 57 metros e no eixo leste-oeste 65 metros. O parapeto na parte máis alta chega ata os dous metros na súa cara interna e a unha anchura de 10 metros.[1].

Arqueoloxía

[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.

No castro atopouse en 1974 o tesouro de Xanceda, depositado no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón e composto por dous torques.[2]

  1. Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine. Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía.
  2. 1 2 3 4 Ladra Fernández, Xosé Lois (2004). "Os torques do Castro de Xanceda (Xanceda, Mesía, A Coruña)" (PDF). Anuario Brigantino: 91–116. ISSN 1130-7625.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]