Castro de Subiña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°23′34″N 8°20′06″O / 43.392777777778, -8.335

Castro de Subiña
ParroquiaSerantes
ConcelloOleiros
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15058003
Cronoloxía
Extensión estimada? ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Subiña, tamén chamado Vixía de Subiña ou Atalaia de Subiña, é un castro situado na parroquia de Serantes, no concello coruñés de Oleiros.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Consta dun recinto fortificado a través de dúas estruturas circulares concéntricas. As súas dimensións son duns 140 metros de diámetro, o recinto principal ten uns 75 metros de diámetro no eixo norte-sur e 65 metros no eixo este-oeste.

Está defendido na súa metade norte por un muro de ata 3 metros de altura exterior. Sobre el hai un parapeto de 1,5 metros que descende cara ao sur. O segundo recinto, concéntrico respecto do anterior, atópase defendido por un terraplén duns 2,5 metros de altura. O acceso a ambos recintos realízase pola parte meridional.

Conservación[editar | editar a fonte]

Obras recentes de construción de varias vivendas unifamiliares afectaron parcialmente ó terraplén da plataforma exterior.

Actualmente a vexetación impide acceder ós restos do castro.

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.