Castro de Sigrás
Aparencia
Coordenadas: 43°17′06″N 8°21′42″O / 43.2849137, -8.361795
Castro de Sigrás | |
---|---|
Parroquia | Sigrás |
Concello | Cambre |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | ? |
Cronoloxía | |
Estado actual | leira |
Extensión estimada | 0,9 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Castro de Sigrás é un castro de outeiro fortificado situado no lugar de Sobrecarreira, en Sigrás, Cambre.[1]
Está situado en terreos do Pazo de Sobrecarreira ou Pazo dos Loriga a uns 110 metros de altura sobre o nivel do mar. Este castro semella estar ben conservado coas súas estruturas defensivas case intactas. A entrada natural vén sendo polo sur. Ten forma case circular duns 100 metros de diámetro. Cíngueo unha muralla defensiva duns catro ou cinco metros pola parte do camiño e no seu interior. A croa ten unha pequena elevación.