O terreo ten unha lixeira pendente e está próximo ao río Salgueiro. Está situado fronte aos castros dos Bicás e A Revolta.
O recinto do castro ten forma ovalada. Mide uns 140 metros de N-S e 115 metros de L-O. Consérvase só algo máis da metade do recinto dunha soa muralla ao oeste. O peche do castro está formado por un desnivel do terreo. Non se aprecian estruturas dentro do castro nin construcións. O interior do castro emprégase para a cría de gando.