Castro de Santa Cecilia
Castro de Santa Cecilia | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | castro ![]() | |||
Conservación | destruído | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Ferrol | |||
Parroquia | Santa Cecilia de Trasancos ![]() | |||
Datas | ||||
Escavación | non escavado | |||
Patrimonio cultural | ||||
Id. catálogo | GA15036007 | |||
[ Wikidata ] |
O Castro de Santa Cecilia ou Castro de Santa Icía é un poboado castrexo fortificado de chaira situado en Santa Cecilia de Trasancos (Ferrol)[1][2].
Descrición
[editar | editar a fonte]

O castro destruíuse hai tempo[cando?] para construír vivendas, só queda no terreo unha pequena elevación, un pequena parte do muro empregada como linde de leiras e na zona o topónimo Castro.
O castro tiña forma case circular duns 60 ou 70 metros de diámetro. Había dous tramos dun segundo muro ao NL que delimitaban o que puidera ser o antecastro ou protección da entrada. O castro tiña dúas entradas: unha posterior ao NO e outra ao NL. Os muros da croa e do antecastro eran de pedras e terra. Pola banda NL un rego do río Freixeiro contornea o castro. Nos traballos da terra apareceron pedras circulares.
Preto del está o castro da Croa de Leixa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Castro de Santa Cecilia. Catálogo de castros de ferrolterra". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2014. Consultado o 17 de agosto de 2014.
- ↑ Excmo. Concello de Ferrol. Revisión y adaptación del plan general de ordenación municipal. Catálogo de bienes protegidos Xunta de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |