Castro de Lubre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°25′52″N 8°15′06″O / 43.4311634, -8.2517479

Castro de Lubre
ParroquiaAres
ConcelloAres
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15004005
Cronoloxía
Períodos de escavaciónnon escavado
Estado actualdestruído
Véxase tamén
Castros de Galiza

Castro de Lubre é un poboado da idade de ferro de chaira fortificado en Ares.[1]

É un castro de chaira situado no límite dunha baixada aproveitando o desnivel do terreo. Está moi alterado por labores agrarias. Tería unha forma circular duns 100 metros de diámetro cunha soa liña defensiva. Só se conservan algúns terrapléns como lindes de leiras. Na zona consérvanse os topónimos de Vila dos Mouros e Agro do Castro, preto da igrexa parroquial.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "PXOM de Ares 2017" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de febreiro de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]