Castro de Casón
Aparencia
Coordenadas: 43°38′07″N 7°33′18″O / 43.63541, -7.554974
Castro de Casón | |
---|---|
Parroquia | Viveiro |
Concello | Viveiro |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA27066007 |
Cronoloxía | |
Extensión estimada | 1,2 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Casón é un castro situado na parroquia de Viveiro, no concello lugués de Viveiro.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Consta dun recinto fortificado dobre situado nunha meseta. Ten un complexo sistema defensivo. O recinto principal ten forma semielíptica, cun antecastro pola súa banda suroeste. Está pechado por dúas murallas, unha recta e outra de planta quebrada, que forman unha estreita entrada.
Todo o conxunto deféndese cunha muralla de pedra seguida dun foxo que a rodea polos lados norte e noroeste. A continuación hai outro foxo menor que protexe a entrada do antecastro. Paralelo ó foso atópase un parapeto polos lados norte e noroeste.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catálogo. PXOM de Viveiro. Setembro do 2010.