Castro de Bexo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°42′01″N 8°45′00″O / 42.7002873, -8.7500558

Castro de Bexo
ParroquiaSan Xurxo
ConcelloDodro
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15033013
Cronoloxía
Estado actualen estudo
Extensión estimada1 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza

O castro de Bexo[1] é un poboado castrexo da Idade de Ferro e de época romana, sito na aldea de Bexo (San Xoán de Laíño, Dodro).

Descrición[editar | editar a fonte]

É un dos poboados máis grandes da zona, pero está mal catalogado e na súa ficha non aparecen as súas verdadeiras dimensións. Dende a súa coroa hai unhas vistas excelentes da ría de Arousa e do Baixo Ulla.

Case non quedan restos pétreos polo espolio de pedra que se fixo nel para construír casas en Bexo, Teaio, Burés e A Vacariza; quedando no castro, aínda hoxe en día, restos do traballo das pedras polos canteiros.

O montículo catalogado como un castro independente (GA15072016) é parte deste castro, máis que un poboado en si.

En 2016 o concello comezou os traballos para estudar e poñer en valor a zona.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Castro de Bexo na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.