Castro de Belelle
Coordenadas: 43°28′01″N 8°06′48″O / 43.4669367, -8.113258
Castro de Belelle | |
---|---|
Parroquia | Sillobre |
Concello | Fene |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | ? |
Cronoloxía | |
Estado actual | abandono |
Extensión estimada | 0,4 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
O Castro de Belelle é un castro de chaira fortificado situado en Fene.[1]
Está situado nunha pequena elevación na chaira, aproveitando as formas do terreo. Ten forma rectangular ao sur e triangular ao norte. Mide uns 70 metros de N-S e 50 metros de L-O. Ten unha soa liña defensiva completa, duns 5 metros de alto nalgúns tramos. A croa é unha carballeira, segundo se pode ver na cartografía da Xunta.