O castro está situado nunha pequena elevación do terreo ao pé dun terraplén natural. Ten unha orientación no eixe leste-oeste. A croa ten forma case circular duns 75 metros de diámetro. O antecastro está ao oeste, ten unhas medidas de 45 metros de leste a oeste e uns 60 m de norte a sur.
O castro está moi alterado por traballos no agro e pola ampliación dun prado que corta a zona entre o castro e o antecastro.
O castro está catalogado e protexido por Patrimonio.