Saltar ao contido

Castro da Punta de Santa Mariña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castro da Punta de Santa Mariña
Cervás Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 96856
Wikidata

Castro da Punta de Santa Mariña ou Castro de Santa Mariña é un poboado fortificado nunha península en Ares.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

É un castro costeiro coas defensas no istmo da península e adaptado á forma da rocha. A entrada sería por un pequeno camiño situado entre as defensas e o cantil. Está protexido por dúas murallas monumentais con forma de arco, unha situada no itsmo e outra maior dus 100 metros no propio castro, entre elas hai un foxo cortado entre cantís. No interior do recinto vense varias construcións en ruínas que pertenceron a unha batería militar que desfixo o castro. Ao leste do castro hai unha galería coñecida como Cova dos Mouros ou de Santa Mariña, duns 120 metros de lonxitude e 1,5 metros de altura escavada na rocha e que se supón relacionada co castro.

  1. "PXOM de Ares, 2017" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de febreiro de 2018. Consultado o 13 de febreiro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]