Saltar ao contido

Castrelo de Abaixo, Riós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castrelo de Abaixo
Igrexa parroquial
ConcelloRiós[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°56′48″N 7°12′01″O / 41.94663889, -7.20022222
Poboación61 hab. (2023)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Castrelo de Abaixo é unha parroquia do concello ourensán de Riós na comarca de Verín. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 61 habitantes (28 homes e 33 mulleres), repartidos entre os lugares de Castrelo de Abaixo e A Silva, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 121 habitantes.

O topónimo de Castrelo ("Pequeno Castro"), así como algúns obxectos atopados nos arredores da poboación, poderían indicar unha continua presenza humana desde época romana. O topónimo é compartido pola parroquia veciña de Castrelo de Cima, e polo monte coñecido como o Castrellón. Nas proximidades tamén se atopa un antigo castro coñecido popularmente como A Cavanca dos Mouros e que foi escavado fai unhas décadas, onde se atoparon diversos obxectos arqueolóxicos.

Na parroquia atópase un camiño de paso que comunica con Portugal e que é coñecido como Portantigo e que a miúdo foi utilizado polos contrabandistas durante tódalas épocas.

Entre 1812 e 1823 Castrelo de Abaixo formou parte do concello de Castrelo, pero a partir de 1835 pasou a formar parte do concello de Riós, que xurdiu coa unión dos anteriores concellos de Riós e Castrelo.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Gráfica de evolución demográfica de Castrelo de Abaixo entre 2000 e 2020
Datos segundo o nomenclátor publicado polo INE.

Clima e contorno

[editar | editar a fonte]

A parroquia e así mesmo o concello de Riós, posúe un marcado clima mediterráneo de montaña e aloxa algunhas especies de flora: aciñeira (Quercus ilex ssp. rotundifolia), escornacabras (Pistacia terebinthus), Arce de Montpelier (Acer monspessulanum) e fauna: abelleiro (Merops apiaster), andoriña dáurica (Hirundo daurica), gaio azul (Coracias garrulus), osga(Tarentola mauritanica), especialmente raras en Galicia.

Na parroquia de Castrelo de Abaixo atópase Trambolosríos e A Fraga do Curral, lugar onde se cruzan os ríos Mente e Arzoá, de grande importancia ecolóxica, natural e paisaxística, que linda co Parque Natural de Montesinho en Portugal, e co parque natural do Invernadeiro, no Macizo Central ourensán. A vista dende o monte coñecido como a Fraga do Curral mostra un val de pronunciadas ladeiras e cortados fluviais de filitas.

As festas celébranse en torno ós días 11 e 12 de agosto en honor de Santa María da Asunción, patroa da parroquia.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Castrelo de Abaixo

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Castrelo de Abaixo no concello ourensán de Riós

Castrelo de Abaixo | A Silva

Parroquias de Riós

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Riós

Castrelo de Abaixo (Santa María) | Castrelo de Cima (Santa María) | Fumaces e A Trepa (Santa María) | O Navallo (San Vicente) | Progo (San Miguel) | Riós (Santa María) | Rubiós (San Pedro) | Trasestrada (Santo Estevo)


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]