Trambolosríos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Trambolosríos é un lugar na parroquia de Castrelo de Abaixo (concello de Riós), situado nos límites do municipio, na fronteira entre Galiza e Portugal.

Características[editar | editar a fonte]

En Trambolosríos xúntanse o río Arzoá e o río Mente, que constitúen a marca de fronteira. É un lugar de grande importancia ecolóxica, natural e paisaxística, que linda co Parque Natural Montes do Invernadeiro en Portugal. O lugar atópase no fondo dun val fluvial, arrodeado por pronunciadas ladeiras e cortados de filitas.

Hai varias décadas o lugar empregábase como paso entre España e Portugal, pero actualmente atópase en desuso, e os antigos camiños foron invadidos pola maleza.

Trambolosríos destaca pola súa paisaxe natural, cun frondoso bosque de especies autóctonas e sobre todo piñeiros, procedentes dunha recente repoboación.